Mércores. 18.09.2024
El tiempo

As Batuko Tabanka fixeron que Cabana tamén entonase o Sabi, Sabi

As Batuko Tabanka fixeron que Cabana tamén entonase o Sabi, Sabi
Batuko Tabanka en Cabana 2

Que emotiva foi a actuación das Batuko Tabanca este pasado domingo na Escola de Vela de Cabana, no antigo aserradoiro de Tedín. Ver a todo o auditorio cantando ese Sabi Sabi tan caracterísitico deste hospitalario país africano e insular.

O grupo, integrado por mulleres de orixe caboverdiana aficandas dende hai décadas na mariña lucense, trouxo os seus bailes e a súa percusión para que toda Cabana sentise o ritmo deste fermoso país.

Nunha ruta organizada a través do Fondo de Cooperación e Solidariedade para promover a multiculturalidade e a inclusión, as Batuko contaron a súa historia nunha charla introdutoria que representa a mensaxe máis positiva das migracións. Elas son 12 mulleres de Cabo Verde aficandas en Burela, 12 mulleres de mariñeiros, 12 loitadoras, 12 mulleres cheas de forza, alegría, tradición e respecto.

12 mulleres que baten con forza os panos pregados sobre as súas pernas (o batuko) para facer unha música de percusión tremendamente bailable.

Foliada en Anos

Continúa o programa de patrimonio de Cabana este vindeiro sábado 28 de outubro, coa foliada no Mesón O Xastre de Anos cos Gaiteiros de Anos, o Son do Castro e Os Farrapos.

Fonte

Comentarios