![Foto III Unha Noite no Medievo 3 participantes na voda]()
Foto da III Unha Noite no Medievo en Cabana
É unha das citas máis auténticas do verán bergantiñán. A prevoda medieval que arman en Cabana durante a fermosa ‘Unha noite no medievo’ xa está en marcha. Este mes de agosto, podes ser ti es@ que chegue ao altar montado a cabalo, escoltad@ polas túas damas e os estandartes do teu escudo mentres que, un xograr puntea as cordas da súa arpa.
Nesta celebración que cada ano vai a máis, e que todos os veráns dá un gran salto atrás no tempo para volver á Idade Media, están inmersos todos os veciños, que colaboran e coidan con agarimo todos os detalles para que un dos actos principais, como son as
cerimonias de casamento, coordinadas por Silvia Losada, saian á perfección e que este ano está prevista para
o día 12 de agosto ás 20:00 horas.
Como xa é tradición,
convócase a todas as parellas de noivos que queiran participar na “prevoda medieval”. É importante matizar que a cerimonia non ten efecto oficial, senón oficioso. E, por isto, as parellas que participen, deberán vestirse con traxe de labregos medievais, embelecidos por coroas e ramos de flores silvestres.
Aqueles que queiran formar parte desta voda medieval, pódense inscribir no
departamento de Cultura do Concello de Cabana, ou ben chamando a calquera destes teléfonos
981 754 020 ou 626 907 363.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).