Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Cabana celebra os dez anos de irmandamento coa localidade francesa Treize-Septiers

Cabana celebra os dez anos de irmandamento coa localidade francesa Treize-Septiers
visitas-guiadas-dombate O concello ofrece durante os meses de verán un servizo gratuito de visitas guiadas ao centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate O concello de Cabana de Bergantiños recibe o verán cargado de actividades. Así, os actos comenzarán xa a vindeira fin de semana (entre os días 30 de xuño e o do 2 de xullo) co gallo do X aniversario do irmanamento con Treize-Septiers (Francia), polo que entre o 30 de xuño e o 2 de xullo hai programados varios actos. Ademais, os días 1 e 2 de xullo a artista local Matilde Vilariño expoñerá en Dombate a súa exposición de pintura. Visitas guiadas Por outra parte, no centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate haberá visitas guiadas todos os días dos meses de xullo, agosto e setembro. Éste é un servizo gratuito que se ofrece de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Todos os venres de xullo e agosto tamén haberá visitas guiadas nocturnas que serán ás 23 horas e que están dirixidas a un máximo de 30 persoas. Ademais, durante os meses de xullo e agosto, a compañía de teatro Os Quinquilláns encargaranse das visitas guiadas teatralizadas para as cales haberá dous turnos; un ás 18 horas e outro ás 19:30 horas.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios