Cabana despide o Entroido con troula, música e diversión

08:22 22/02/23
O pavillón cabanés púxolle este martes punto e final aos festexos de Entroido cunha xornada marcada pola súa ampla variedade de propostas.
O pavillón foi escenario dunha morea de actividades entre as que destacaron o concurso de comparsas e o desfile infantil de disfraces. Un futbolín coas camisetas da casa, os mosqueteiros ou un exérxito de bolboretas fixeron as delicias dos presentes.
A música do trío Karma e de Disco Móvil Impacto despediron ata o vindeiro ano unhas festas coas que pequenos e maiores volveron a gozar da maxia do Entroido.
E por suposto, non faltaron os doces típicos destas datas para repoñer forzas, todos eles a cargo das panaderías locais.