Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Campaña #Salvacadelos: Ponlle chip ao teu can

Campaña #Salvacadelos: Ponlle chip ao teu can
Salvacadelos-Pon chip ao can

Continuamos coa Campaña de concienciación que a Clínica Veterinaria Argos de Cee, a casa de Salvacadelos, quere facer a través destas liñas. Xa falamos da problemática de abandonos do verán, e hoxe toca falar da importancia do microchip.

Da importancia e da obrigatoriedade, pois todos os cans maiores de 3 meses teñen que ter chip por lei.

E vendo que xa van máis de 10 anos dende que a lei obriga a identificar cun chip a cada can, resulta estrano ver cantos aínda chegan á Clínica sen el. Cóntanos Pablo del Valle, veterinario e responsable de Argos, como unha familia belga que recolleu un canciño polo Camiño e quixo asegurarse de que quedaba con fogar (se non eran capaces de levalo a Bélxica), quedaron sen palabras cando na Clínica lles contaron que non tiña chip. “How is this possible?” (“Como é posible?”) preguntaron atónitos.

Como se identifica a un can

Xa Irene García Patiño nos contaba hai tempo como funciona e como se implanta o chip, un proceso moi sinxelo. Hai que colocarlle o microchip cunha inxección subcutánea indolora e permanente, para posteriormente rexistralo no Regiac (Rexistro Galego de Animais de Compañía).

Un proceso necesario e obrigatorio que ademais custa un prezo moi asequible. Pero merece a pena tendo en conta que na Lei de Protección de animais o abandono dun animal está tipificado como infracción moi grave (artículo 38) e a sanción correspondente oscila entre 2.001 e 30.000 euros (articulo 41). Polo de agora o Seprona non está a multar demasiado, pero basta que comece por ti.

A chapa!

Chapa para cans

Outro apunta que nos indican dende Argos, é a practicidade da chapa. Ademais de ter chip, poñerlle unha chapiña no colar ao can ou gato co nome e un teléfono de contacto é moi práctico en caso de perda. Así, a xente que o atope xa pode chamar directamente ao dono.

Campaña de concienciación de Argos e Salvacadelos

Máis información de Salvacadelos

Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC. posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar.

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios