mércores. 07.05.2025
El tiempo

Contacontos, visitas e arqueociclismo para dinamizar o museo de Dombate

Contacontos, visitas e arqueociclismo para dinamizar o museo de Dombate
dolmen de Dombate

Presentaban onte na Deputación o programa de actividades do dolmen de Dombate para este curso. Contacontos, visitas guiadas para profesores e educadores da provincia ou unha carreira ciclista pola contorna do monumento megalítico son algunhas das citas que servirán para dinamizar o espazo musealizado da catedral megalítica galega.

Outra das iniciativas que terá lugar durante este ano no dolmen, xestionado polo Concello a través dun convenio coa Deputación, é o obradoiro de pedra que xa tivo lugar o ano pasado cun grande éxito de participación.

Programa de actividades do Dolmen de Dombate (xaneiro.xullo 2015)

1. MES DE XANEIRO

  • 1.1. CONTOS DA MEMORIA: Semana de contacontos, visitas guiadas e concurso de ideas para escolares.

2. MES DE FEBREIRO

  • 2.1. CAFE DA MEMORIA: Programa de Radiovoz en Dombate e follas divulgativas na prensa sabre o patrimonio animado na Costa da Marte: Asalto ó Castelo de Vimianzo, Cocedura tradicional do Forno do Forte. Feira Medieval de Corcubión, Mercado das Rutas do mar en Muxía e Tarde-noite no Medievo en Riobó.

3. MES DE MARZO

  • 3.1. DIDACTICA DO PORTAL DAS PALABRAS: Xornadas didacticas para profesorado.
  • 3.2. VENTO DE PEDRA. MASTER CLASS: Seminario teórico e practico sabre o traballo da pedra.
  • 3.3. SEMANA SANTA 2015: Ampliación de horas e días de atención ós visitantes nestes 9 días de tempada alta.

4. MES DE ABRIL

  • 4.1. ECO-DOMBATE: Plantación de arbores cos nenos e nenas de Primaria da Costa da Marte. Con obradoiro de prensa escrita, taller de radio, inchables, xogos tradicionais, visitas guiadas, obradoiros arqueolóxicos (cerámica, pintura, caza) e agasallos mediambientais.
  • 4.2. CAMPANA DE VISIT AS ESCOLARES (ABRIL, MAIO E XUNO): lnvitación a todos os colexios da provincia da Coruña, ampliación dos días e horarios de atención ós escolares e posibilidade de realizar obradoiros de prehistoria complementarios a visita guiada.

5. MES DE MAIO

  • 5.1. ARQUEOCICLISMO: Percorrido cicloturístico polo chan de Borneiro con saída e chegada en Dombate e paradas en lugares de interese arqueolóxico. Agasallos para os participantes, sorteos, conferencia previa sabre a practica do ciclismo …

6. MES DE XUNO

  • 6.1. 0 SOLSTICIO DE VERAN EN DOMBATE: Xornadas etnograficas sabre o solsticio do veran 6 Iongo da historia.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios