Corcoesto chega ao Arcebispado para esixir a volta do sacerdote Leonel Díaz Guaque
Xa o dixeron claro: “Faremos todo o posible para conseguir que volva de Colombia o sarcedore Leonel Primitivo”. Meu dito, meu feito.
Veciñanza de Corcoesto entrevistouse este pasado martes co arcebispo de Santiago de Compostela, para tratar sobre do regreso do sacerdote Leonel Díaz Guaque á parroquia de Corcoesto. Xulián Barrio recibiu a unha representación da veciñanza afectada de Corcoesto, quen apelou á caridade deste, para que removera as trabas eclesiásticas e facilitara os trámites precisos para axilizar o regreso do sacerdote redentorista ás súas parroquias.
Monseñor Barrio, que amosou toda a súa boa dispoñibilidade e colaboración para que o retorno do sacerdote redentorista se realizara en breve, informou de que pola súa parte xa realizara todos os trámites precisos, incluídas dúas cartas e o preceptivo informe favorable.
Reunion da veciñanza diante da igrexa de CorcoestoO pai Leonel Primitivo Guauque Díaz foi apartado do cargo sorpresivamente, cando se atopaba ausente de España, mentras desfrutaba dun breve período vacacional autorizado en Colombia, o seu país de orixe. Se ben o argumento esgrimido pola curia compostelá é que o sacerdote debera tramitar os papeis precisos para solicitar a súa incardinación eclesiástica, a realidade é que este xa contaba con un nomeamento formal, ao igual que outros eclesiásticos nomeados na mesma data, como o párroco de Sta. María da Peregrina de Santiago de Compostela, o párroco de Baio, no municipio de Zas ou o de Sta. Baia de Curtis, en Teixeiro, entre outros. Mentras que os párrocos nomeados na mesma data que Leonel Díaz Guaque permanecen no exercicio da súa actividade pastoral, sen embargo, o de Corcoesto foi cesado.
En tanto que as parroquias afectadas esperan a pronta resolución eclesiástica e bo facer de monseñor Xulián Barrio, para conseguir a volta do párroco. Por agora a veciñanza afectada afánase na recollida de sinaturas para presentar tanto no obispado como na Cidade do Vaticano, a onde dirixiron a correspondente solicitude de audiencia á Prefectura da casa pontificia.
Novas relacionadas
- Xaneiro 18: Veciños de Coristanco e Cabana piden ao Arcebispado que volva de Colombia o sarcedore Leonel Primitivo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).