Escolares do CEIP Canosa-Rus de Coristanco coñecen as instalacións de Íntegro
07:07 22/02/17
Alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria visitaron onte as instalacións de Íntegro en Nantón dentro do programa Visítanos!
Un grupo de 43 alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Canosa-Rus de Coristanco visitaron onte as instalacións da asociación Íntegro en Nantón - Cabana de Bergantiños - co fin de coñecer de preto o funcionamento do centro e descubrir odía a día dos seus usuarios e usuarias. A visita enmárcase dentro do Visítanos!; unha actividade educativa incluída no programa Capacíta-T coa que a entidade pretende concienciar, educar e capacitar en materia de diversidade aos máis pequenos.
A xornada comezou cunha breve presentación da entidade para explicar os obxectivos e valores cos que Íntegro traballa en favor das persoas con diversidade funcional. Dende o primeiro momento, os estudantes amosáronse moi participativos e interesados en achegarse á inclusión partindo das súas propias ideas, moitas delas preconcibidas e ditadas por unha sociedade desigual. A continuación, proxectouse un vídeo resumo coas actividades e os obradoiros que se levan a cabo tanto no centro de día como no centro ocupacional.
Obradoiros
Durante algo máis de dúas horas os escolares, divididos en grupos reducidos, realizaron un percorrido polas instalacións para coñecer con máis detalle o traballo que realizan diariamente os usuarios e usuarias nos diferentes obradoiros ocupacionais. O taller de artes manuais foi parada obrigada. Alí tiveron a oportunidade de descubrir algunhas das técnicas empregadas para confeccionar os produtos de artesanía que comercializamos, e que máis dun escolar tamén se animou a elaborar poñendo a proba as súas habilidades e imaxinación na confección de xabóns de glicerina da colección Bicos de Amora.
integro-invernadoiro
A visita ao invernadoiro foi, sen dúbida, unha das que causou maior expectación entre os escolares que non dubidaron en poñer en práctica os coñecementos facilitados polo persoal do centro e polos propios usuarios e usuarias. Logo dunha divertida sesión plantando leitugas, traballaron con algunhas das plantas aromáticas do noso xardín terapéutico e realizaron varios talleres de identificación de especies autóctonas. Ao remate, cada alumno levou como agasallo unha semente de gladíolo para lembrar o seu paso polo centro.
Un dos momentos máis divertidos chegou ao final da mañá coa realización dun circuíto de mobilidade e desprazamento en cadeira de rodas para achegar aos máis pequenos a realidade da diversidade, xogando coas barreiras ás que cada día deben facer fronte moitas persoas con discapacidade. Unha proba moi entretida e novidosa na que tiveron que poñer en práctica o seu enxeño e habilidade sorteando todo tipo de obstáculos. Dende logo, a mellor maneira de comprobar que a diversidade é cuestión de capacidades, non de discapacidades.
Novas relacionadas
- Os agasallos máis orixinais deste san Valentín tenos Íntegro
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro