Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A escritora cabanesa Alejandra Plaza percorre Europa co "transporte dos desexos"

Alejandra Praza co Transporte dos Desexos nunha aula
Alejandra Praza co Transporte dos Desexos nun dos seus talleres escolares
A escritora cabanesa Alejandra Plaza percorre Europa co "transporte dos desexos"

A escritora cabanesa Alejandra Plaza percorre Europa co "transporte dos desexos"

O novo proxecto de literatura infantil de Alejandra Praza, vai collendo voo. A escritora e xornalista cabanesa está a percorrer Europa co "transporte dos desexos".

O pasado mes de xuño participou no Congreso Internacional de Emigración celebrado en Zamora a través dunha mesa redonda na que expuxo parte do seu libro “Se fose fácil, faríao outro" e presentou embaixada.gal, un novo formato de asociacionismo. A partir de aí, "o transporte dos desexos", comezou a súa andaina por diferentes lugares, colexios, hospitais... da xeografía española como Cáceres, Segovia, Toledo ou Madrid.

En todos os talleres- contacontos que imparte existe unha actividade creativa pero "o transporte dos desexos" vai máis aló. Con este proxecto pretende implicar a todos os nenos aos que visita os cales elaboran con entusiasmo corazóns, peces, etc. cun desexo impreso. Nesta manifestación de boas intencións reflicten as súas ansias por un mundo mellor, por unha pronta recuperación, por coñecer ao seu amigo descoñecido.

Así, os primeiros desexos cargados con tanta ilusión saíron do Colexio Público galego CPI As Revoltas, fincado en Cabana de Bergantiños onde Alejandra Plaza realizou os seus estudos de EGB e ao que garda un gran agarimo. Unha masiva participación sen dúbida, do mesmo xeito que a dos nenos estudantes de galego do Instituto Cañada Blanch de Londres. As súas boas intencións encheron de alegría os corredores dos hospitais de Cáceres e sacaron o sorriso de moitos nenos sorprendidos porque un amigo descoñecido deséxalle unha pronta recuperación.

Nos talleres, os nenos crean grandes murais cos desexos recibidos como o océano, a árbore ou o cofre dos desexos. A moralexa ou finalidade de cada actividade é que con amor e de forma conxunta, pódense crear grandes cousas e mellorar, por que non, a contorna que nos rodea.

"Todos os talleres son moi especiais. Os nenos son sorprendentes. Teñen saídas coas que non podes parar de rir e, nos hospitais, sorpréndome coa naturalidade e a forza coa que afrontan as cousas. Son eles os que me dan unha lección de vida. Estou enormemente agradecida pola colaboración e participación que me están brindando os alumnos de diferentes colexios de Europa e aos seus ensinantes que me fan chegar tan bos traballos e desexos. O primeiro que esboza a cara dun neno cando abre a caixa dos desexos é un sorriso e, a partir de aí, traballamos con moita ilusión. A experiencia na Biblioteca Municipal de Serrejón, un pobo ancorado na serra cacereña, foi incrible. Participou todo o pobo. Foi emocionante"; afirma a Alejandra Plaza.

Alejandra Praza co Transporte dos Desexos

Por hospitais

Organizacións como A Cruz Roja Juventud, Fundación Prodeán, AECC, Asanog, FundeSalud, entre outras, arroupan cada unha das actividades que a escritora galega realiza polos diferentes hospitais de España.
"Énchenos sempre de alegría, de historias, de sorrisos, do seu amor pola infancia. Tróuxonos mensaxes de amor, de bos desexos, escritos de puño e letra por outros peques que vivían lonxe pero que sentimos moi preto. Énchenos de esperanza a nós, aos nenos e aos pais dos nenos e fainos crer que a boa xente existe. Ademais, unha bolboreta branca irrompeu na aula hospitalaria detrás dela e non cesou de revolotearnos. Casualidade? Non o creo”.
Así narraba o paso de Alejandra Praza polo hospital cacereño San Pedro Alcántara, a responsable das Cibercaixas na Cruz Roja Juventud, Ana Castaño.

Alejandra Plaza coa familiad e Prodean enCaceres

Finalista no concurso de Relatos Curtos de Palencia

Alejandra Praza que está inmersa no seu novo libro de relatos infantís, é unha das finalistas entre máis de cen autores de diferentes países como Chile, España, Arxentina, Guatemala, Colombia, Perú, Luxemburgo, Hungría, Austria, EEUU, Méxicoo Venezuela, do concurso de Relatos Curtos que o concello de Palencia organizou sobre o despoboamento rural. Ibercultura e a aldea dos nenos é un dos relatos que forma parte do novo libro e fala do despoboamento rural en Salgueiro, unha aldea galega preto de Portugal, e a solución que uns nenos españois residentes en Suíza atopan ao problema.

A xornalista e escritora da Costa da Morte, continuará polo País Vasco e Navarra con este proxecto no próximo mes de setembro e será a pregoeira na celebración do Día de Galicia en Euskadi pero antes e, unha vez máis exercerá de embaixadora de Galicia na celebración do Museumuferfest de Frankfurt.

Novas relacionadas

Comentarios