Fotodesfeita: Aceite e escombros no río

A Asociación Petón do Lobo vén de atoparse cunha situación ben desagradable no río Anllóns. Como se aprecia na imaxe, hai aceite no cauce e un verquido de escombros procedentes do cauce a escasos 5 metros da capela de Sta. Mariña do Remuiño, en Corcoesto, concello de Cabana de Bergantiños.

Igualmente denuncian a grave diminución do caudal do Anllóns, que incluso tal vez non garantise o cauce ecolóxico necesario para a vida fluvial. En todo caso, a situación de prealerta por seca polo de agora só está activada na bacia do Río Castro, pero non do Anllóns,

Caudal baixo no Rio Anllons en Corcoesto

Novas relacionadas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a info@quepasanacosta.com ou a través do noso Facebook.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).