Galiza Nova abre a fiestra á mocidade bergantiñá


Esta fin de semana a comarca de Bergantiños convertirase no corazón da mocidade nacionalista galega. A entidade Galiza Nova vai realizar un completo programa de actividades no marco das XXIII Xornadas de Verán, que a pasada mañá foi presentado en Carballo por Pablo Vázquez, responsable comarcal de Galiza Nova, e Vítor Recarei, responsable comarcal do BNG.
As xornadas discorrerán polos sete concellos da comarca, combinando aspectos formativos e políticos con outros máis lúdicos e de convivencia. Ademais, a mocidade participante terá a ocasión de coñecer recantos moi interesantes da bisbarra.
Inscricións
Ata hoxe xoves pode apuntarse aínda quen queira participar (tanto da comarca como de fóra) enviando un correo electrónico a nacional@galizanova.org. O custe da inscrición son 20 euros, que dan dereito a comidas, durmida e transporte aos diferentes lugares das actividades.
Programa
As XXIII Xornadas de Verán incluirán actividades arredor de diversas figuras da nosa comarca e do noso país (Castelao, Alfredo Brañas, Eduardo Pondal, os/as represeliados/as galegos/as do 36), mostrarán a quen nos visita moitos e interesantes espazos da comarca (Lagoa de Traba, Soesto, oleiría de Buño, Verdes, praia do Pendón) e incluirán tamén espazo para o ocio e o esparcemento.
Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, destacou que esta XXIII edición “está especialmente centrada no coñecemento da nosa riqueza natural, cultural e histórica porque concibimos estas Xornadas como unha fiestra aberta ao coñecemento e posta en valor de Galiza”.
Venres, 23 de setembro
<- 17.15 Saída de buses dende Compostela (Alameda de Santiago, en fronte gasolineira)
- 18.30 Benvida no Concello de Carballo. Evencio Ferrero (alcalde de Carballo); Silvana Castro (concelleira de Mocidade); Vítor Recarei (responsábel comarcal do BNG); Pablo Vázquez (responsábel comarcal de Galiza Nova), Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova).
- 19.30 Roteiro explicativo sobre Alfredo Brañas (Xan Fraga, historiador)
- 20.30 Acto público sobre a reforma da Constitución Española. Evencio Ferrero (alcalde de Carballo); Iria Aboi (secretaria xeral de Galiza Nova); Guillerme Vázquez (portavoz nacional do BNG)
- 22.00 Cea
- 23.00 Saída nocturna por Carballo. Festa LK na Taberna Café O Patacón
Sábado, 24 de setembro
- 09.30 Almorzo
- 10.30 Roteiro pondaliano en Ponteceso (dende Ponteceso a Valarés pasando pola casa natal do autor, o Monte Branco…)
- 12.30 Acto conmemorativo do 125 nacemento de Castelao con Xoán Carlos Garrido (profesor e historiador) Casa dos Veciños do Couto.
- 14.30 Xantar ao aire libre na carballeira e a praia de Valarés.
- 16.00 Esparexemento e actividade deportiva na Praia do Pendón (Cabana de Bergantiños): Kaiak; Roteiro dos Muíños, con remate no Dolmen de Dombate; Deportes varios: fútbol sala, baloncesto, volei-praia…; Esparexemento na praia.
- 18.30 Visita ao espazo natural da lagoa de Traba. Explicación do enclave natural e da historia dos Condes de Traba.
- 20.00 Cea na área recreativa anexa á praia de Soesto (Laxe)
- 22.30 Saída nocturna pola Laracha. Festa no Pub D’Antón co grupo Trapallada.
Domingo 25 de setembro
- 10.00 Almorzo
- 11.00 Visita á vila oleira de Buño (Museo do Forno do Forte e talleres tradicionais de olería)
- 13.00 Acto sobre os/as represaliados/as galegos/as de 1936 e a simboloxía franquista na Laracha.
- 14.30 Xantar no espazo natural de Verdes (Coristanco)
- 16.00 Saída dos buses cara Compostela.
Novas relacionadas
- Galiza Nova pide o galego de volta nos Concellos e aulas.
- Galiza Nova tivo dúas citas na fin de semana en Fisterra e Cee.
Fonte
- Nota de prensa de Galiza Nova Bergantiños.