![obradoiro-integro]()
Dez alumnos participan desde o pasado mes de xullo no curso de "limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais"
A dirección xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia vén de concederlle á asociación Íntegro un programa de axudas, co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) a través do Programa Operativo de Galicia 2014-2020, para a realización de accións sociais e inclusivas destinadas a promover a igualdade de oportunidades para persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. Así, que para o vindeiro periodo 2017-2018 o plan de formación do Centro de Recursos de Nantón será notablemente incrementado.
Entre o 2017 e o 2018 Íntegro porá en marcha catro novos obradoiros centrados na capacitación laboral dos seus participantes como medida de mellora na procura dun emprego digno e de calidade.
Axudante de cociña,
auxiliar de almacén,
peón de xardín e limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais - este último xa en marcha - son as especialidades dun programa formativo que será impartido nas instalacións do centro por persoal cualificado e cunha ampla traxectoria docente. Íntegro amplía así a súa oferta de formación para facilitar máis recursos aos colectivos máis desfavorecidos.
Curso en marcha
O que si xa comezou é o curso de “limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, tamén incluído no novo plan de formación. Nel está a participar, dende o pasado 3 de xullo, 10 persoas con diversidade funcioal da Costa da Morte. As clases
teñen unha duración de 208 horas lectivas divididas en catro módulos teóricos, un de prácticas profesionais non laborais e outro de competencias transversais.
Entre os obxectivos deste obradoiro, incluído no Programa Operativo de Galicia 2014-2020, está a dotar aos alumnos/as das ferramentas necesarias para realizar as tarefas propias de limpeza e mantemento de superficies, así como mobiliario en edificios e locais, seleccionando as técnicas, produtos e maquinaria necesarios para garantir a súa correcta conservación, hixiene e mantemento, baixo a supervisión do profesional competente, cumprindo ca normativa aplicable en materia de seguridade e saúde.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Íntegro.