Martes. 23.04.2024
El tiempo

Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral

Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
PIMD Rural Integro A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López, visitou onte as instalacións do centro de recursos de Nantón Un dos propósitos da asociación Íntegro para este 2017 é reforzar o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no Ámbito Rural - PIMD Rural -. Un dos primeiros pasos para acadalo é a incorporación da traballadora social da asociación ao equipo de profesionais que xestionan o proxecto. O proxecto centrarase este ano moi especialmente no ámbito laboral, e nese sentido a entidade ten previsto iniciar contactos cos axentes de emprego e intermediadores laborais dos catro concellos implicados. Cabana, Malpica, Ponteceso e Laxe renovaron onte o seu compromiso con Íntegro e co PIMD Rural, nun acto ao que tamén asistiu a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e que se celebrou onte pola mañá no centro de recursos de Nantón é un deles. A secretaria xeral louvou o traballo que está a facer Íntegro pola inclusión da muller rural, destacou a importancia de traballar “na mellora das capacidades” para facilitar a súa inserción laboral e pediu unha atención especial para as mulleres vítimas de violencia de xénero. Máis de 100 beneficiarias O PIMD Rural está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. No primeiro ciclo permitiu atender a 108 mulleres dos catro concellos, prioritariamente con disCapacidade, que se beneficiaron dos diferentes servizos que presta o equipo de profesionais responsable do programa. Neste primeiro bienio incidiuse na formación como unha ferramenta imprescindible para a mellora laboral das mulleres, e, de feito, o ano pasado xa se acadaron seis insercións laborais, e esta mesma semana empezarán a traballar outras tres usuarias en prácticas. Íntegro está en contacto con varias empresas da zona, e agora quere implicar aos servizos municipais relacionados co emprego para poder seguir avanzando. Novas relacionadas

Fonte

   

Comentarios