luns. 12.05.2025
El tiempo

Lume, herbas e moita festa para unha despexada noite de San Xoán

Lume, herbas e moita festa para unha despexada noite de San Xoán

Apunta Meteogalicia que hoxe teremos unha noite ben fermosa para disfrutar da noite meiga do San Xoán. Xa temos as 7, ou 10 herbas do San Xoán preparadas, e xa pensamos en como afrontar a festa. Nós xa recollimos as espadana de río, romero, cardo santo, malva de olor, codeso, fiuncho, herbaluisa, fieta real, chuchamel, rosas, bieiteiro e mais lavanda.

Son moitas as alternativas que ofrece a bisbarra para disfrutar desta máxica velada de lume e maxia, e que podedes repasar tamén na Axenda Costa da Morte.

E comezamos polo San Xoán no Ézaro. As gaitas e o blus compartirán espacio coas sardiñas, a broa e a queimada. Ademais a cacharela deste ano vén xigante...

Por Sardiñeiro tamén celebran o San Xoán, cunha gran sardiñada a partir das 21:00h amenizada por un grupo de gaitas e o grupo musical Nuevo Ritmo.

Pero a lumarea máis grande estará en Camariñas, no marco incomparable da Praia de Area da Vila.

Tamén en Corcubión invitarán a unha boa sardiñada. Mentres que na parroquia cabanesa de O Esto celebran unha gran sardiñada, amenizada pola Nueva Generación, e El Parga – Tío Pío.

Ademais, en Baio, a AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella de Baio prenderá a cachela ás 21:00h na Praza Braulio Astray.

Por se acaso, deixámosvos este conxuro para facer unha boa queimada...

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios