Xoves. 28.03.2024
El tiempo

En Marea pide a paralización das destrutivas obras do parque eólico de Mouriños

Obras de instalacion dos eolicos en Cabana
Imaxes bras de instalacion dos eólicos na Serra de Gontón
En Marea pide a paralización das destrutivas obras do parque eólico de Mouriños

O pasado luns publicabamos unhas crúas imaxes do que están supoñendo para a Serra do Gontón as obras de construción do parque eólico de Mouriños. Unhas imaxes que fixeron eco no grupo de En Marea, que veñen de solicitar á Xunta a paralización cautelar dunhas obras que están arrasando unha das últimas zonas virxes da comarca de Bergantiños.

O grupo atende así as demandas de numerosos colectivos como Salvemos Cabana ou a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), e denuncia que este proxecto "é a demostración de que o PP aposta por un modelo de desenvolvemento económico insostible, asentado no expolio e na destrución do territorio", no canto de defender a ampliación da Rede Natura ou de aprobar as Directrices da Paisaxe, “outra promesa incumprida de Feijóo para 2017”.

Segundo o deputado Antón Sánchez, "A empresa Naturgy comezou a obra sen respectar o patrimonio da zona causando danos irreversibles e vulnerando a Declaración de Impacto Ambiental”. Lembra ademais que se fixeron detonacións que afectaron a formacións rochosas antes de avaliar o seu interese xeomorfolóxico.

Obras de instalacion dos eolicos en Cabana 2

Novas relacionadas

Outros artigos eólicos

Comentarios