xoves. 01.05.2025
El tiempo

Mazaricos únese ao 4G

Mazaricos únese ao 4G
4g en Mazaricos

Esta semana que entra, activarán as antenas de 4G no termo municipal de Mazaricos. Un proceso que se está levando a cabo en toda a xeografía nacional dende o mes de xullo e que rematará en marzo de 2018. De feito, segundo o mapa de llega800, despois da incoración do Concello de Mazaricos, só quedan sen cobertura 4G os termos municipais de Cabana e Corcubión.

O caso é que emisión da señal 4G realízase na frecuencia 800MHz que ata agora estaba asignada á TDT, de xeito que pode provocar interferencias e que a señal de televisión se vexa afectada.

Para solventar todos os problemas e incidencias, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, pon á disposición dos cidadáns o programa 'Llega 800'. Todos os afectados poderanse dirixir ó número de teléfono 900 833 999 ou cubrir o formulario na páxina web www.llega800.es ou no Twitter @llega800.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios