O Consumidor desamparado na Costa da Morte
Aproveitando o especial Preferentes que realizamos a semana pasada, realizamos un repaso ao estado (ou máis ben existencia) das Oficinas de Información ao Consumidos nos 15 concellos da Costa da Morte. O resultado, desolador.
Só 6 dos 15 concellos da Costa da Morte contan con OMIC, se ben algún dos 9 si que tramitan, ou axudan a tramitar, as queixas, a través dos seus ADL, técnicos de emprego, ou algún caso curioso, como o de Fisterra onde a polivalente hospitaleira convirte o albergue en OMIC.
"O grave é que non hai recursos humanos nos Concellos", comentan dende algunha das oficinas que quedan abertas. Pero en todo caso, os Concellos teñen obrigación de facilitar información, derivar á central do Instituto Galego de Consumo en Santiago ou Coruña, ou ao Concello con oficina aberta máis cercano.
As OMICs na Costa
Como dicimos, só 6 dos 15 concellos contan con OMIC propia. Curiosamente 3 son os 3 da comarca de Soneira (Camariñas, Vimianzo e Zas), ademais dos de Laxe, Muros e Malpica.
Pola contra, a Comarca de Fisterra non conta cunha soa oficina, nin Cee, o centro económico comarcal, conta con este servizo. Dumbría, Corcubión, Ponteceso, Mazaricos e Carnota carecen de oficina e ademais apenas aportan solución. En Cabana é a técnica de emprego a que "leva o asunto" e en Muxía tamén informa un traballador municipal.
E como dicimos, queda o curioso caso de Fisterra.
Desmantelamento dos servizos públicos
Non imos falar de sanidade ou educación, que xa son os recortes máis famosos do que levamos de lexislatura. Pero é que o desmantelamento dos servizos públicos vense facendo patente nos últimos anos, dando conta que o progreso da nosa sociedade é cara atrás.
Xa temos falado da situación do deficiente servizo de transporte colectivo (xa non público), e unha situación semellante á das OMICs atopámola nos Axentes de Desenvolvemento Local, que a semana pasada facían un chamamento ao mantemento deste servizo dende Fisterra para toda Galicia. E por que non falar da supresión dos Institutos Social da Marina ISM de Muxía, Camariñas ou Laxe.
Queixas máis habituais
A verdade é que as cifras volven constatar que non somos moi reivindicativos na Costa da Morte. Coa de abusos que sufrimos é dificilmente comprensible que as OMICs da zona non reciban máis de 10 queixas ao mes.
Iso si, as queixas están moi enficadas. Entre electricidade e Telefonía móbil xa suman o 90% das queixas. De feito, a telefonía xa alcanzou ás eléctricas. As queixas pola famosa factura estimada, compaxínanse coas queixas contra as telefónicas, por ter servizos que eles non contrataron, e porque non se pode darse de baixa. Un clásico.
Compre apuntar, como nos recoñecen dende a activa Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas, que aumentaron as reclamacións contra entidades financieiras, sobre todo contra créditos virtuais nos que logo os intereses se disparan dun xeito xeométrico.
Con esta queixa só queremos "demandar que os servizos públicos estean ben dotados". Pero onde a presentamos?
Novas relacionadas
- As empresas de telefonía e de suministro de gas focalizan as queixas dos cidadáns.<7li>
- Por que na Costa da Morte non se protesta polas Preferentes?.
- Os ADLs do país reivindican o seu papel na Costa en tempos de crise.
- O alcalde de Muxía pide que non se peche a oficina do ISM.
- O deficiente servizo de Autobuses da Costa da Morte pendente dun fío.
- Verdades de José Luis Louzán: Os que mandan.
- A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 12m15m: Mareas de xente de todas as idades volven á rúa en toda Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).