Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Petón do Lobo consegue o arranxo da Ponte de Xabarido

O Petón do Lobo consegue o arranxo da Ponte de Xabarido
Fenda na Ponte de Xabarido

Bo traballo da xente da Asociación Petón do Lobo. Solicitaban en marzo o seu arranxo ante o perigo de varias fendas, e tras moitos escritos e denuncias, demostra que o que pelexa consegue resultados.

Así, a Deputación provincial de A Coruña responde á queixa presentada ante o Valedor do Pobo de Galicia, pola entidade costeira, sobre do arranxo da Ponte de Xabarido, en Corcoesto, Cabana.

A falla de seguridade estrutural da infraestrutura motivou un escrito de queixa por parte de Petón do Lobo ante a institución do Valedor do Pobo, ante a desatención inicial do organismo provincial ao arranxo da ponte.

A ponte que ten un dos piares gravemente afectados será licitada tan pronto como os prazos de contratación pública o permitan, segundo a resposta do organismo provincial que se xunta como anexo, tras a presentación do proxecto polo técnico competente, que consta e verifica os danos sinalados por esta entidade.

Así, a Deputación constata os danos na ponte, e tras a redacción do proxecto polo enxeñeiro Antonio González Serrano, procederá ao inicio da contratación das obras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Petón do Lobo.

Comentarios