Os peques de Cabana viaxaron no tempo na Romaría de Inverno
Que xeitosiños estaban os peques cabaneses, de entre 3 a 6 anos, disfrazados de época para recrear unha romaría tradicional galega. A Romaría de Inverno de Cabana, que tiña previsto realizarse no Dolme de Dombate, tivo que trasladarse ao Pavillón municipal por mor das inclemencias do tempo. Pero os cativos o pasaron igual de ben, comeron castañas e gozaron dunha sesión de contacontos. A festa completouse con música a cargo de Ce Pantasma.
Convenio ca Deputación
Pasou por Cabana o titular provincial, Diego Calvo, que visitou nun primeiro momento o Dolmen de Dombate, propiedade da Deputación, para anunciar a renovación do convenio entre entidades para a xestión do dolmen. Un novo espazo museístico que estivo boa parte do ano baleira, sen guía, só cun garda de seguridade, de aí a importancia de que un lugar así de traballado se aproveite cunha persoa responsable que poida facer visitas guiadas a turistas, veciños e escolares.
Novas relacionadas
- O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- Dombate: Un museo sen guía.
- Dombáter: Unha crítica a actuación no dolmen cabanés.
- Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte.
- Vinte anos con boina.
- O SEMESCOM sumérxese na rede e dixitaliza as súas obras.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).