Xoves. 22.08.2019
El tiempo

Os [email protected] fanse universais

O camino dos Faros Inclusivo tivo que desafiar o tempo Os bravos [email protected] dos Faros Inclusivo tiveron que desafiar o tempo Non hai fronteiras para o Camiño dos Faros e os seus [email protected] Esta fin de semana, a familia trasna acolleu a unha serie de novos membros moi especiais. Varias ducias de persoas con diversidade funcional puideron disfrutar da máxica aventura trasna. E foi unha demostración de valentía (ou “trasnería), pois tiveron que desafiar unhas inclemencias meteorolóxicaas que non foron suficientes para amedentralos, e puideron disfrutar da 1ª etapa do Camiño dos Faros Inclusivo. Data histórica, pois, para esta iniciativa civil que sitúa á Costa da Morte á vangarda dos roteiros naturais da península. Coa colaboración das ANPAS Galegas e a Asociación trasna, membros de Íntegro, Aspaber, Aloumiños, Aspadex, APEM, Aspronaga e a Asociación Un paso máis, tamén poden convertirse en trasnos superheroes, facendo cada vez máis cousas para conseguir unha Costa da Morte Accesible. O Camino dos Faros Inclusivo con Rabunal Patino O Camiño dos Faros Inclusivo con Rabuñal Patiño Era sábado pola tarde, chovía a mares pero así e todo un nutrido grupo se xuntaba na praia da Urixeira, en Cabana. Dende alí partiron cara o estuario do Anllóns onde o ornitólogo Xosé Luis Rabuñal impartiu, ao cobixo da escola de vela, unha clase maxistral sobre a importancia da zona en materia de fauna avícola. Camino dos Faros Inclusivo por Cabana Quedaban 2,7 km pola senda do Anllóns, perfectamente accesible para as cadeiras de rodas dos asistentes, disfrutando o magnífico Esteiro do Anllóns, antes de marchar para Laxe. Viron un vídeo de presentación e escoitaron as historias salgadas sobre a historia de Laxe da man de Víctor Mira. En 15 minutos, e de xeito tremendamente ameno, repasou a historia deste pobo mariñeiro bergantiñán. E ao remate, pensaron en ir tomar algo, pero non, a fame trasna puido máis que os “chuzos de punta” e alá foron, ata o Faro de Laxe a demostras que a valentía está nas almas, non nos corpos. Camino dos Faros Inclusivo ata o Faro de Laxe O Camiño dos Faros Inclusivo chegou ata o Faro de Laxe  

Os [email protected], facendo Camiño

E o domingo, tocaba a 3ª Etapa do Camiño dos Faros entre Ponteceso e Laxe. E comproubose como funciona o “Efecto Traski”. Tras un sábado infernal, o domingo amencía con soliño para disfrutar toda a xornada e provocar algún que outro “moreno de obrero”. Foi a etapa máis fácil, aseguran os transos, que din que esta edición está sendo unha balsa de aceite, e mesmo houbo quen a fixo en bici. Houbo paradas estratéxicas para que os traski-novatos (un 90%) coñecesen ben os tesouros da bisbarra. Esta é a única que se adentra no interior, deixando a costa durante un pequeno tramo, pero faino para coñecer dous puntos estratéxicos: o Castro A Cibdá de Borneiro, onde o noso amigo Óscar de Souto explicou as súas lendas; e o Dolmen de Dombate, onde Lito Eiroa, o mellor guía posible, falou da importancia da catedral do megalitismo de Galicia. Oscar de Souto cos trasnos no Camino dos Faros Oscar de Souto cos trasnos no Castro de Borneiro  

Trotamundos [email protected]

Informaron os trasnos da visita nesta pasada semana dun trotamundos coñecido mundialmente como é o británico John Hayes. Falamos da primeira persoa en completar a E4, que conecta Tarifa e Budapest a través de 5000km de sendeiro. Hayes e Christine disfrutaron da natureza salvaxe costeira. John Hayes facendo o Camino dos Faros en Camelle John Hayes facendo o Camiño dos Faros, en Malpica  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios