Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Óscar de Souto e Manuel de Corme invanden A Coruña

Óscar de Souto e Manuel de Corme invanden A Coruña
Oscar de Souto e Manuel de Corme estaran no FNAC

Levabamos tempo sen saber nada do poeta cabanés Óscar de Souto. Pero xa está aquí de novo, a piques de presentar unha sesión poética singular no FNAC da Coruña. Este xoves 29 de maio, ás 20:00h, terá lugar unha presentación literaria múltiple no Fnac de A Coruña.

Unha sesión dirixida e presentada por Óscar de Souto que englobará teatro, como regueifa, canción e, como non, poesía. Todo isto comprimido nun espectáculo agradable, inusual e xenuino.

Óscar estará acompañado polo bardo novo, Manuel de Corme, que fará a súa segunda aparición pública no corazón da súa amada cidade, A Coruña, desta volta recitará poemas incalificables, sinxelos, entendibles i extremadamente directos para presentar o seu traballo primoxénito, «El Balcón de la vida», que virá acompañado dunha sesión de regueifa entre outras curiosidades literarias. O bardo bergantiñán firmará o seu traballo, en vivo i en directo.

Tamén será protagonista a excelencia en verso da escritora coruñesa Concha Matos, que deleitará os asistentes con poemas da súa última fornada, amosándonos, desta volta, o seu libro «Kepri» (edición de autor) con poemas de amor, (semi-eróticos), cun marcado carácter hispano-galaico, sen precedentes no estilo e forma, ata o de agora, cunha coidada selección de poemas que rozan a perfección cunhas metáforas sublimes (dignas de estudio). A poetisa firmará o seu traballo, en vivo i en directo, e promete sorpresas.

A entrada será de balde, así que os que poidan achegarse á vila herculina, non o dubiden.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios