Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Por fin se inaugurou o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate

Por fin se inaugurou o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate

Por fin, e tras 15 semanas achegándonos (e máis de 20 anos agochado tras unha lona de obra), as obras do dolmen de Dombate foron rematadas. Foi custosa a recuperación e posta en valor do monumento megalítico máis importante de Galicia. Se ben agora aínda quedan as propias de musealización, isto é, proporcionar contidos para que o edificio creado acolla o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate, o que será "a cabeceira do futuro Parque do Megalitismo da Costa da Morte”.

O acto de inauguración tivo lugar esta mañá de martes 22 de marzo. Alí estiveron moitos alcaldes da Costa, presidente e vicepresidentes da Deputación e o arquitecto responsable do proxecto, Francisco Vidal, e do arqueólogo Manuel Lestón.

Obras feitas e obras que virán

As obras consistiron na construción dun gran edificio de madeira e cristal que albergará e protexerá o dolmen, permitindo a súa visualización dende todos os ángulos, e dun centro de atención a visitantes para recibir aos milleiros de persoas que cada ano se achegan a descubir o monumento megalítico máis importante de Galicia.

O monumento que, a partir de agora, vai a estar protexido e conservado, con condicións de humidade e temperatura controladas, que permitan que o megalito e as valiosas pinturas parietais que conserva no seu interior permanezan intactas.

As obras custaron arredor de 1,5 millóns de euros se ben a entidade provincial apunta que investiu 3 millóns nos últimos 20 anos.

A Deputación licitará nos vindeiros meses ("antes de que remate este mes para que os visitantes o poidan disfrutar este verán" segundo o presidente) a musealización do Centro de Interpretación, que inclúe unha réplica exacta do dolmen, paneis informativos e materiais audiovisuais sobre “a catedral do megalitismo galego”.

Así no centro de interpretación das inmediacións, os visitantes poderán -en poucos meses- contemplar unha neocámara cunha réplica exacta do dolmen; e vivir a experiencia de ver o interior do monumento, contemplar as súas pinturas ou tocar as súas paredes.

Opinións

“Nunca é tarde se é para ben”, afirmou o presidente da Deputación no seu discurso inaugural. "A construción do impresionante pavillón que vai a ser a casa do dolmen, e do centro de interpretación e recepción de visitantes, destinado a explicar aos milleiros de persoas que cada ano se achegan a descubrir este monumento, a historia de Dombate e a súa gran importancia no megalitismo galego”.

Un pouco de historia

Segundo o presidente da Deputación da Coruña “protexer Dombate foi un proceso longo e complexo”, que comezou coas primeiras excavacións arqueolóxicas de finais dos 80 dirixidas por Xosé María Bello e que culmina hoxe. “Polo camiño quedan moitas complicacións, interminables laberintos burocráticos, momentos de decamento e abandono, proxectos inacabados e retrasos inesperados que puxeron a proba a sempre dificil coordinación entre administracións, pero hoxe demostramos -unha vez máis- que a vontade e a determinación triunfan sempre sobre as adversidades”, subliñou Fernández Moreda que, parafraseando ao premio Nobel de Literatura Camilo José Cela, afirmou que “en España, o que resiste gaña. E hoxe, despois de tantos anos, todos gañamos un pouco”.

Novas relacionadas

Visitas a Dombate

Artigos relacionadoa

Máis novas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Deputación.

Comentarios