Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Premio a máis de 37 anos de ensino

Premio a máis de 37 anos de ensino
mestres-cabana-bergantinos Xurxo Alefeirán e José Manuel Gil recibiron cadansúa condecoración da man do alcalde de Cabana, José Muíño Xurxo Alfeirán e José Manuel Gil son dous nomes moi coñecidos en Cabana de Bergantiños. Estes dous homes - de Malpica e de Santa Comba, respectivamente - ensinaron a centos de alumnos e alumnas do CPI As Revoltas durante os seus 37 anos de traxectoria. Por este motivo, o concello de Cabana de Bergantiños vén de recoñecer o seu traballo. O alcalde, José Muíño, entregoulles o pasado 8 de setembro unha reprodución do Dolmen de Dombate como mostra de agradecemento dos veciños e veciñas pola súa vocación e entrega. José Manuel Gil adicouse durante case toda a súa carreira a 1º e 2º de Educación Primaria, mentres que Xurxo Alfeirán impartiu clases, sobre todo, nos dous últimos cursos de Primaria (5º e 6º). Ademais da vocación polo ensino, Xurxo destacou tamén pola súa paixón e dedicación á realización de maquetas con diversos materiais ou pola súa habilidade para compor rimas e textos literarios. Pola súa banda, Gil, entre outras facetas, impartiu clases de balonmán nos primeiros anos do deporte escolar. Fonte  

Comentarios