O PSOE alerta do posible peche do Consultorio de Nantón e da precariedade da pediatría en Coristanco ou Malpica
Visitaba a agrupación socialista comarcal de Bergantiños o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acompañado polo viceportavoz parlamentario Pablo Arangüena e o parlamentario Martín Seco. Unha visita para escoitar das representantes locais as problemáticas máis típicas da sanidade pública na área.
O coordinador comarcal de Bergantiños, José Antonio Viña, a portavoz do PSdeG de Carballo, Carmen Vila, o portavoz de Cabana de Bergantiños, Juan Varela, o representante de Ponteceso, Manuel Taibo, e a portavoz de A Laracha, Palomi Rodríguez, alertaron do problema que supón a falta de atención presencial, nunha comarca que atende por teléfono menos da metade das consultas.
Compartiron o “desleixo do goberno galego por reforzar a atención primaria na comarca, onde a falla de substitucións de persoal está a provocar serios problemas nos servizos de Pediatría de Coristanco ou Malpica, así como na Atención Primaria de A Laracha”.
Puxeron enriba da mesa casos concretos, como as “dúbidas” provocadas sobre a viabilidade futura do Consultorio de Nantón, ameazado de peche polo goberno galego.
Así mesmo reiteiraron a necesidade de dotar con máis recursos e persoal o Centro de SAúde de Carballo.
Xa pola tarde, Torrado e Seco visitaron a confraría de pescadores de Caión, onde mantiveron un encontro co patrón maior, José – Héctor Morgade.