"Queremos pediatra tódolos días"
Seguen en loita o colectivo de nais e pais de Laxe para manter o servizo diario de pediatría. E a loita xa pasou á rúa onde, a pasada mañá de martes 15 de novembro de 2011, as 11 da mañá, case un centenar de persoas manifestábanse na porta do Centro de Saúde de Laxe. Nais, pais, avós e veciños do pobo xunta cos máis pequenos da casa, para mostrar o seu desacordo co novo horario de pediatría, que compaxinaría a súas labouras no veciño Concello de Cabana servindo 2 días completos en Laxe e 3 en Cabana. .
As pancartas sinalaban claros lemas como “sanidade diaria para os nen@s” e queremos pediatra todos os días”. A manifestación rematou no mesmo interior do Centro de Saúde na porta da consulta de pediatría pero sen molestar nin alterar a consulta en absoluto.
Cómpre lembrar que esta semana presentáronse os escritos acompañados de unhas 350 firmas ante a Consellería de Sanidade e en Atención Primaria do SERGAS.
Ao parecer, dende o Concello de Laxe o alcalde, Antón Carracedo, informou ao colectivo persoalmente, de que "no último pleno celebrado o pasado sábado, día 12 de novembro, todos os partidos políticos mostraran seu apoio, e se acordara nese pleno de enviar un escrito a Sanidade firmado por todos". Unha medida que axudará pero que dende logo non calará a este grupo de pais indignados cos recortes en sanidade.
Novas relacionadas
- Mobilización en Laxe para recuperar o servizo de pediatría diario.
- Da importancia de que os escolares coñezan o valor patrimonial da Costa.
- Un curso sen actividades extraescolares.
- A gardería, un servizo pritoritario ou non.
- As escolas seguen protestando polos recortes.
- Unha de queixas escolares.
Fonte
- Información da man de Elisa Cundíns Suárez, Nai e veciña de Laxe.