xoves. 01.05.2025
El tiempo

Tráfico non permite celebrar o Ultratrail Camiño dos Faros

Tráfico non permite celebrar o Ultratrail Camiño dos Faros
Michel e Viki no Ultratrail

Xa estaban @s trasn@s máis bravos de todo o estado preparando a esixente proba deportiva do Ultratrail Camiño dos Faros. Xa había quen tiña o billete de avión sacado para participar nesta proba solidaria coas Enfermidades Raras. Pero parece que non será posible levala adiante.

I é que Tráfico, a pesar de o Camiño dos Faros apenas transcorre por unhas poucas estradas secundarias, considera o 25 de xullo, festivo en toda España, ”como non hábil para competicións deportivas”.

Xa o sabía a organización, pero contaban con que que o recurso presentado ía prosperar. Nel explicaban “claramente por onde discorre a ruta, as características tan específicas da proba, a non necesidade de ningún dispositivo nin ningún corte de estrada e o nulo efecto para o tráfico nas estradas da zona, zona xa de seu onde unha Operación Saída nacional pouco afecta.”

Unhas razóns que non lle valeron a Tráfico, que nunha escueta resposta estándar rexeitaron a súa celebración.

Así, que “con inmensa dor do noso corazón temos que aprazar o ultra ata o ano 2016”, sinalan a organización da Asociación Camiño dos Faros, que piden perdón aos atletas que levan tempo adestrando para a proba, aos donantes anónimos, e a Federación Galega de Enfermidades Raras FEGEREC, pola que se fai esta carreira.

Anuncian que darán a data do 2016 canto antes, apuntan que as doazóns feitas servirán para o ano que vén pero haberá prceso de devolución.

Novas relacionadas

Fonte

  • Camiño dos Faros.

Comentarios