Denuncian a altos cargos da Xunta por non declarar a caducidade da mina de Varilongo

A Xunta anulou o pasado mes de decembro a solicitude de vertido da mina de Varilongo. Pero non acaba de declarar a caducidade das concesións da mina xalleira, abandonada en 1986, como obriga tamén o Tribunal Supremo.
Por esta inacción, o colectivo Ecoloxistas en Acción vén de interpor nos xulgados de Santiago denuncia penal contra varios altos cargos da Consellería de Economía, Empresa e Innovación por non proceder a declarar a caducidade das concesións da mina.
Consideran que os altos cargos da Xunta poderían estar incorrendo en varios delitos de prevaricación, como tamén puido ter acontecido tras “deixar caducar un procedemento sancionador por vertidos de metais pesados que implicou a contaminación de ríos próximos, presentando estes valores de cadmio centos de veces superiores aos máximos permitidos”.
O grupo esixe ademais á Xunta que obrigue á mineira australiana a constituír un aval de como mínimo 5 millóns de euros para facer frente á restauración, peche e clausura da mina.
O colectivo conservacionista pedirá tamén ante a ONU o próximo 22 de marzo que se dictamine que foi vulnerada a Convención de Aarhus tanto neste proxecto como no de San Finx..
Novas relacionadas
- Decembro 22: Alertan do perigo dunha hipótetica rotura da balsa mineira de Varilongo.
- 23-12-22: A Xunta anula a solicitude de vertido á mineira que intenta operar en Varilongo.
- Novembro 22: A Xunta inicia o proceso de caducidade das concesións mineiras de Varilongo.
- Novembro 22: Esixen a Xunta que cancele as concesións da mina de Varilongo .
- Novembro 22: A mineira de Varilongo: Diferente nome pero mesma estratexia.
- Abril 22: A mineira Rafaella Resources denuncia á Comunidade de Montes de Grixoa de Esternande pola plantación masiva de carballos nunha parcela da mina.
- Marzo 22: O Concello bota de Santa Comba á empresa mineira australiana Rafaella Resources
- Marzo 22: A veciñanza de Grixoa de Esternande converte un espazo da mina de Varilongo na Carballeira das Casas Vellas .
- Marzo 21: Colectivos ecoloxistas denuncian que as augas da mina de Varilongo levan metais pesados
- Outubro 20: ”É totalmente falso que Euro Battery poida explotar níquel, cobre e cobalto na Braña de Castriz”.