Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte, por parroquias, moi presente na FITUR

A Costa da Morte, por parroquias, moi presente na FITUR
Presentacion da Mostra do Encaixe no FITUR

Volveu estar presente a Costa da Morte na Feira de Turismo de Madrid, a Fitur, a que se di máis importante do ano en España. E a presencia foi tan numerosa como disgregada, e se ben algunhas accións si que parece que tiveron repercusión, outras podemos comprobar como o público asistente eran bastante endogámico. En todo caso, é moi difícil valorar a importancia de estar ou non estar na FITUR.

Alégranos ver a cantidade de espectación que xerou a presentación do 25 aniversario da Mostra do Encaixe, ou o traballo de promoción cara a cara de Traski do Camiño dos Faros. Tamén estivo Solpor presentando a súa nova guía sobre o Camiño a Fisterra-Muxía. E tamén foi Miguel San Claudio a amosar os nosos tesouros subacuáticos na presentación do proxecto “GalicianSeas Shipwrecks. Finisterre”.
Ademais, Estiveron varios comandos independientes municipais, como Cañizo e Eduardo Parga ensinándose e ensinando Malpica, co proxecto Mar de Caión abrindo ás portas da Costa da Morte, con Dumbría levando o nome do Ézaro a todas partes e a subida do 4 de xullo no Desafío do Atlántico - Gran Fondo, ou os Concellos de Carnota e Muros co seu propio posto.

O Ezaro estivo presenten n FITUR Menos repercusion de Mar de Caion en FITUR

Palillando na FITUR

Moita repercusion na presentacion da Mostra no FITUR

Unha das presentacións que máis tirón tivo foi a do 25 aniversario da Mostra do Encaixe e a súa nova marca turística 2.0, Mentres unha nova palilleira demostraba que o encaixe ten futuro, o alcalde Pichurri foi debullando as actividades que rondan a Mostra este ano, baixo o lema “Camariñas. Descobre o corazón do encaixe”. Falouse tamén da marca “Camariñas, todo mar” baixo a cal creáronse diferentes produtos de turismo experiencial 2.0 que potencian e facilitan a visita a unha das vilas marineras da Costa da Morte con máis esencia.

A promoción do turismo mariñeiro e das guías 2.0 creadas para o turista máis moderno foron parte da presentación. Paralamente a exposición itinerante "Camariñas. Descubrindo o corazón do encaixe" chegará a diferentes puntos de España nas próximas semanas. A primeira parada é xa o 2 no Centro Comercial Xardín de Serrano, en Madrid, onde se pode visitar ata o 5 de febreiro. A mostra está formada por imaxes do fotógrafo de moda Máximo Arroio, labores de encaixe de Camariñas, deseños de Franco Quintáns e doutros participantes da Mostra do Encaixe.

Palillando na FITUR

Solpor leva o Camiño á FITUR

Fotos institucionais en FITUR

Amparados pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, a Asociación de Empresarios do Camiño de Fisterra-Muxía SOLPOR, fixo a presentación da guía do camiño Fisterra-Muxía, “unha ruta captadora de turismo internacional que sitúa a Galicia, e á Costa da Morte en particular, como marca e destino diferencial”.

Esta guía sobre a prolongación xacobea a Fisterra e Muxía inclúe un mapa detallado do itinerario, así como unha ficha a toda páxina con fotografías incluídas de cada unha das setenta empresas asociadas.

Ademais revisaron os datos, recordando que se en 2014 Santiago de Compostela recibiu máis de 237.000 peregrinos, un aumento en relación co ano anterior de máis do 10%, a ruta Fisterra-Muxía non é unha excepción incrementou os seus peregrinos en máis dun 40%. É máis, a Costa da Morte foi o destino con mellor comportamento da demanda hoteleira de toda Galicia, pois rexistrou un crecemento do 46% no número de viaxeiros, con máis de 150.000, e do 70% no caso das pernoctacións, que acadaron as 260.000.

Patrimonio subacuático

Miguel San Claudio en FITUR con GalicianSeas Shipwrecks-Finisterre

Foi presentado en sociedade outro proxecto subvencionado polo GAC, o proxecto “GalicianSeas Shipwrecks. Finisterre”, que descobre ao visitante o patrimonio subacuático da Costa da Morte - Ría de Muros e Noia. Aí estivo o arqueólogo submarino e director técnico do proxecto Miguel Sanclaudio, o maior especialista do mundo na materia, recordando que “a Costa da Morte suma máis naufragios que todo o conxunto do litoral español”. De aí a súa relevancia, convertíndose nun primeiro paso para a promoción do estudo, conservación e rentabilización deste legado oculto que aínda hai que descubrir, pero que seguro se converterá nun férreo nexo de unión entre diferentes tradicións culturais e unha fonte de oportunidades para o Finisterre Occidental Europeo. De feito, os promotores buscan impulsar un turismo sostenible e fomentar a creación de novas ofertas relacionadas co turismo cultural para dinamizar o territorio.

Un dos obxectivos é concienciar a veciños e visitantes do incalculable valor material e inmaterial deste tipo de xacimientos submarinos que na zona suman varios centenares. Neste sentido, para que este legado convértase nun patrimonio incuestionable e nun recurso turístico innovador e pionero, sacáronse á luz interesantes historias e episodios marítimos desta franxa litoral europea. Dúas delas, a do barco de guerra HMS Captain ou a do vapor de pasaje alemán Salier. O primeiro tinguiu de negro o diario de a bordo da Armada Británica en 1870 co falecemento dos seus 483 tripulantes. O vento e as correntes arrastraron a 281 emigrantes rusos, polacos e galegos, na súa maioría, a un fatal destino fronte a Porto do Son sen tan sequera completar a primeira parte a súa travesía cara ao Novo Mundo.

Ademais de vincular ao visitante co pasado oculto nesta franxa litoral atlántica, impulsa a creación de novas ofertas innovadoras relacionadas co turismo cultural e sostenible. “GalicianSeas Shipwrecks. Finisterre” consolida unha nova forma de facer turismo e gozar da historia e a cultura marítima galega, ao alcance de todos os públicos a través das tecnoloxías da información e a comunicación.

Novas da Fitur

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios