A Gabarra Prima espera auxilio
Aí continúa, como se fose un escenario para unha película, ou a obra mestra do Museo do Turismo de Catástrofes da Costa da Morte, que dicía MR nas redes sociais. A Gabarra Prima, de case 110 metros de eslora, co mar bravo rompendo sobre as súas costas, é un espectáculo en si mesmo. Así o comprobamos vendo a cantidade de xente que se achega ata esta pista lonxana da costa camariñá.
Delta volta a gabarra ía cargada con terra. Menos mal. Pero podería ter sido calquera outra cousa e agora estaríamos falando máis en clave de desfeita ecolóxica que de novas posibilidades turísticas.
Xa van un par de días, e pode ir para longo, pois a gabarra está moi encallada nas rochas da Punta do Boi. Ademais, a forza do mar está abrindo unha fenda no casco da gabarra, e malia que permanece máis ou menos estable, a estrutura pode sufrir máis problemas.
Mentres, a Capitanía Marítima da Coruña e o armador traballan nun plan de reflotamento para sacar a gabarra de aí. Unha operación que non será nada doada.
Resignación
O peor de todo é que falando cos veciños, xa temos a sensación de que estas cousas son algo normal. "Xa tocaba", dicía algún facendo contas sobre os últimos episodios.
Mentres, a oposición do BNG continúa esixindo o traslado das competencias de Salvamento a Galicia para, polo menos, decidir dende aquí, dende un lugar con mar, onde coñecemos as limitacións da natureza.
Novas relacionadas
- O BNG esixe de novo o traslado das competencias de Salvamento a Galicia tralo encallamento da Gabarra.
- Unha gabarra encalla nas rochas do Reira.
- Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.
- Casón: 25 anos de histeria colectiva.
- 12-12-13: Un pesqueiro de Fisterra encallou nas rochas do Ézaro.
- Por unha base loxística de Salvamento propia no porto refuxio de Brens.
- De pecios ou tesouros submariños.
- Os mapas de naufraxios de Pepe de Oleghario. Uns verdadeiros tesouros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).