Sábado. 21.05.2022
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para as actividades deportivas de verán de Camariñas

Actividades veran camarinas
Aberto o prazo de inscrición para as actividades deportivas de verán de Camariñas

Ata este mércores 16 de xuño, as familias poden inscribir ás súas criaturas nos campamentos deportivos e de conciliación do Concello de Camariñas. Poden facelo cubrindo os formularios online (aquí tendes o formulario para actividades acuáticas e aquí o de tempo libre), enviando un correo a [email protected] ou de xeito presencial no Rexistro.

Estableceranse catro quendas: do 5 ao 19 de xullo, do 20 de xullo ao 2 de agosto, do 3 ao 16 de agosto e do 17 ao 30 de agosto. Todas as actividades terán lugar de 10 a 13:30 horas e será obrigatorio tramitar a preinscrición nas quendas ás que se desexe optar para realizar posteriormente a inscrición definitiva.

Haberá dispoñibles 24 prazas por quenda nas actividades acuáticas e 80 por quenda no obradoiro de tempo libre. Asignaranse por orde de preferencia, sendo este: empadroados no Concello de Camariñas, non empadroados que cursen nos colexios do Concello e resto de persoas interesadas.

comentarios