Martes. 08.10.2024
El tiempo

O alumnado do IES Pedra da Aguia saca a súa vea activista con Agareso

Activismo no iES Ponte do Porto
O alumnado do IES Pedra da Aguia saca a súa vea activista con Agareso

Impresionante o traballo de implicación do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. O centro non para de artellar iniciativas para sacar a parte máis activa do alumnado camariñán, que responde ás mil marabillas tanto aos proxectos europeos como aos máis solidarios.

O centro porteño é dun dos 6 centros de toda Galicia que forma parte este ano do proxecto "Activistas polo mundo que queremos”, desenvolto pola ONG Agareso. Unha iniciativa para mobilizar activismos xuvenís nos eidos do feminismo, o medio ambiente, o antirracismo e a loita LGTBI en centros educativos das catro provincias galegas.

Participan un total de 40 alumnos de 3º da ESO e 8 profesores do centro. Xa realizaron o primeiro obradoiro no que o alumnado realizou diferentes dinámicas para familiarizarse co termo activista.
A seguinte parada será en decembro cun obradoiro de comunicación transformadora. Mentres, terán que formar pequenos grupos tutelados polos seus profesores, elixen o tema no que pretenden realizar a activismo e buscar información a nivel local e comarcal de persoas ou asociacións que serven de referencia. Todo, co obxectivo de crear o seu propio podcast.

Posteriormente, recibirán a visita da fundación colombiana Forjando Futuros, na que activistas desta organización ensinaranlles de primeira man o activismo a solidariedade pode transformar o mundo actual.

Activismo no iES Ponte do Porto Agareso

Parlamento e Europa

Este mesmo grupo de alumnos vai ter un curso atarefado, con actividades singulares doutros proxectos, xa que en decembro visitarán o Parlamento de Galicia, en xaneiro viaxarán a Bruxelas para coñecer o institucións comunitarias e, finalmente, colaborarán con ACNUR para unha nova edición do seu “Loco Festival”.

Máis novas

Comentarios