O alumnado do IES Pedra da Aguia viviu unha semana de convivencia e inmersión lingüística

Menuda semana viviiu o alumnado de 3º da ESO do IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto. A través do programa da Xunta de Galicia, DigitalWeek, trasladáronse ao albergue de Gandarío, con outros 9 centros de Galicia, para realizar unha inmersión lingüística en inglés e vivir unha semana de convicencia desas que non se esquece facilmente.
O programa conta cunha serie de monitores natuvos que permiten traballar mellor diferentes aspectos da lingua inglesa, sobre todo, terminoloxía relacionada co mundo dixital, a robótica e a realidade aumentada.
Esta misma experiencia vivíraa o alumnado de 2º da ESO en maio, grazas a un programa similar, redenominado “Spring Week”, dando conta o bo facer da dirección deste centro sempre atenta á novos programas que melloran as capacidades do seu alumnado.
Máis accións
O curso de 3º segue de parabén, porque a próxima semana terán un taller de dúas horas sobre como transformar a aula nun espazo máis agradable, que impartirá a asociación educativa CREATECTURA e que se enmarca dentro do programa Sementeiras, incluído no Proxecto Terra da Xunta.
Igualmente, este mismo curso visitará as principais institucións da Xunta o 20 de decembro, grazas ao programa “Coñece as túas institucións” e que suporá reforzar os seus coñecementos sobre os aspectos políticos de Galicia.
25N
Non faltarán tampouco as accións arredor do Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero, que se vivirá coa representación dunha obra de teatro, a realización de talleres de sensibilización sobre o tema e a lectura dun manifesto de repulsa cara a este tipo de actos.
Europa
E como non podía ser doutro xeito, o centro máis europeo da comarca continúa co seu programa vinculado á EU. Pronto retomarán os proxectos, este ano involucrando ata a mesma ONU para tratar o tema dos refixiados, cunha mesa redonda, e despois cunha nova visita, como a do pasado mes de maio, ao Parlamento Europeo en Bruxelas.
Máis novas dos IES
- #25N: 3 centros de ensino da Costa participan na ciberquedada da campaña provincial "De Fronte”.
- O IES de Muxía, km.0 da comunicación polos 20 anos Prestige.
- Dores Tembrás no IES Terra de Soneira.
- Xiomara Lazo traslada a igualdade ao IES Terra de Soneira.
- Esther Suárez e Diego Castro, do IES de Ponteceso, representaron a España no premio Nobel Junior de Agua e Sostibilidade.
- Alumnos do FP de Informática do IES de Baio levaron o seu proxecto COANA á Maker Faire Galicia.
- Nee Barros afondou sobre a Identidade trans co alumnado de Carnota.
- Maio 22: O IES Pedra da Aguia volveu disfrutar da Bruxelas máis europea.