Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Arrincou “a edición máis esperada” da Mostra do Encaixe, "unha das pasarelas máis importantes de España"

Desfile da Mostra de Encaixe 2021
Arrincou “a edición máis esperada” da Mostra do Encaixe, "unha das pasarelas máis importantes de España"

Arrincou, por fin, a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, tras ano e medio de espera. Un evento que trascende as fronteiras da moda, da artesanía e da cultura, para afianzarse como un fito social que serve de “empuxe psicolóxico”, como recoñeceu a propia alcaldesa, Sandra Insua, que deixou claro que “Camariñas sen Mostra somos menos fortes, estamos máis lonxe uns dos outros”, pero “desde hoxe e ata o martes seremos unha vez máis un lugar cheo de vida e ilusión”.

Abrindo a MOstraMostra do Encaixe 20121

A rexedora estivo escoltada polo delegado do goberno en Galicia, José Miñones, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para cortar a cinta de encaixe que, simbolicamente, deu o pistoletazo de saída á Mostra. Os discursos institucionais deixaron patente a importancia social e económica desta cita que consegue non só manter viva, senón darlle novas vidas e unha saída económica a unha artesanía centenaria que parecía destinada ao esquecemento. Así o refrenda o feito de que día de hoxe a Mstra é unha das pasarelas máis importantes de España.

Miñones valorou a cita como “o encontro de encaixe máis importante do mundo”, “xa referente interncional”, que gracias ao poder de reinvención consegue unir “tradición e vangarda” para se convertir nun “motor económico”. Fiixo un recoñecemento “desde o Goberno de España á labor das palilleiras, exemplo de tradición, innovación e traballo”.
O delegado tamén destacou que a Mostra serve de perfecto punto de encontro “entre xeracións” coidando “a experiencia e a memoria como un valor que debe transmitirse”, como se comproba co centenar de nenos e nenas que forman parte da Escola Municipal do Bolillo.

Pola súa parte, explicou que “a Mostra é o mellor exemplo do que é Camariñas, non só é tecer encaixe se non que é unha vila solidaria que se mantén conectada co mundo, a través do mar e tamén do encaixe”. “

Desfiles

Mostra Primeiro Día 10 copia

Despois da pertinente visita aos diferentes postos e stands que se ubican nos dous pavillóns municipais acondicionados para a ocasión, as autoridades presentes puideron disfrutar dos primeiros desfiles. As criaturas do “Pequeencaixe estrearon a pasarela e fixeron as delicias de todo o público.

Damián Álvarez, o modelo natural de Vimianzo e protagonista do cartel desta edición, foi o encargado de abrir o primeiro desfile de grandes deseñadores da Mostra do Encaixe, con firmas como as de Jose Matteos, que trouxo unha colección de vestidos de “novia” tipo “boho”, unha coleccións inspirada en Galicia, na súa natureza e no seu mar.

Desfile de MATTEOS na Mostra de Encaixe 2021

Mostra Primeiro Día 1 copia

Moito máis

Durante os cinco días un total de 12 firmas da categoría de ‘Grandes Deseñadores’ subiranse ás pasarelas da Mostra para amosar as súas creacións con encaixe. Este ano contaremos coa presenza de Amaya Fernández, Ana Cabranes, Bikkos, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, José Mateos, Lalacó Atelier, Sara Lage, e María Campaña, firma local.
Por outra banda, o domingo 10 de outubro celebrarase o desfile do estilista internacional Carlos Bardullas, natural da Ponte do Porto.

No ‘XXVII Concurso de Jóvenes Diseñadores’ no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 24 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda.

Este ano estrease a categoría de ArtEncaixe, con 11 participantes que aplican o encaixe nas súa artesanía. Participan: Amorote Workshop, Ana Miguens, Charo López Atelier, Egueire ONG, Estilo Aramar, Janet Schulz, La Parabólica de Julia de la Cal, Noelia Peña, Pilar Rodríguez de ‘En Lá’, Silvereia e Xelis LUaces.

E como ven sendo habitual, no recinto da Mostra estarán instalados os habituais stands e, na entrada, celebrarase o Encontro de Palilleiras.

RELACIONADOS

Comentarios