Venres. 26.04.2024
El tiempo

Caballero expón a súa idea de “PSdeG postcovid” na Costa

GC Camariñas
Caballero durante a súa visita a Camariñas
Caballero expón a súa idea de “PSdeG postcovid” na Costa

O candidato ás Primarias do PSdeG-PSOE Gonzalo Caballero desprazouse onte ata a Costa da Morte para manter encontros coa militancia socialista de Cee, Vimianzo e Camariñas. Dende alí, reivindicou “a forza da militancia para seguir fortalecendo o proxecto socialista de Galicia” e dar así “unha alternativa de progreso para os galegos e as galegas”.

Caballero avanzou que incorporará novos compañeiros e compañeiras nos órganos dunha dirección "renovada e reforzada" para o “PSdeG poscovid”.

“A militancia sabe que non hai merlos brancos e que a única fórmula para gañar as eleccións é traballo, lealdade e esquerda”, concluíu.

Novas relacionadas

Comentarios