Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A camariñá Paula Mouzo recibe o Premio Ás Boas Prácticas

PAULA MOUZO PP Camarinas
A camariñá Paula Mouzo recibe o Premio Ás Boas Prácticas

A camariñá Paula Mouzo vai recibir este vindeiro xoves un dos Premios ás Boas Prácticas Cidadáns 2023 que cada ano concede a Asociación Proxecto Máscaras. A tamén voceira do PP de Camariñas e deputada no Parlamento de Galicia, é unha profesional do sector do mar e foi recoñecida por Rafael Lema, outro veciño do concello soneirán, premiado o ano pasado xunto a Xosé Manuel Barros.

A entidade coruñesa selecciona cada ano a sete persoas de toda Galicia de distintos ámbitos no premio Boas Prácticas Cidadás, que neste ano 2023 vai xa pola súa VII edición. O acto de entrega deste ano terá lugar o xoves 21 de setembro ás 19:00 h. no salón de actos da ONCE nos cantóns da Coruña.

Bio

Paula Mouzo Mas naceu en Camariñas no 1986. Profesional do mar, patroa local de pesca, mariñeira de máquinas da Mariña Mercante, percebeira e mariscadora. Formouse en deseño industrial de mobles e contabilidade, e profesionalmente na empresa familiar de construcción. Concelleira en Camariñas e membro do Comité Executivo do PPdeG como coordinadora de Movementos Sociais. Secretaria da Comisión Permanente de Igualdade e membro da Comisión de Pesca do PpdeG.

Foi cantante de moza e agora forma parte do equipo de fútbol feminino do seu concello que este ano é un dos pioneiros da Liga da Costa. Por estes e outros aspectos da súa biografía o xurado tena por un exemplo de implicación social e actitude vital para moitas mulleres.

Comentarios