Luns. 06.07.2020
El tiempo

Camariñas aposta por un comercio seguro

Camariñas aposta por un comercio seguro

No proceso de desescalada, o Concello de Camariñas lanza a campaña ‘Comercio Seguro en Camariñas’ para fomentar as compras no municipio, no marco do ‘Camariñas Reactívase’. As redes sociais serán as protagonistas.

Todos os comerciantes de Camariñas son conscientes da importancia de extremar as medidas de seguridade, tanto as de hixiene persoal e uso do material de protección adecuado como as de limpeza e desinfección diaria e frecuente dos establecementos. Isto foi un dos aspectos nos que máis se fixo fincapé onte durante a sesión informativa celebrada na Casa de Pedra que impartiron os inspectores de Sanidade da comarca de Soneira para todo o tecido empresarial do municipio.

Ademais, en breve publicarán as bases para pedir as axudas de 200€ para mercar EPIs e medidas de prevención.

Novas relacionadas

comentarios