Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Camariñas crea unha Mesa Interinstitucional contra a violencia de xénero

Camariñas crea unha Mesa Interinstitucional contra a violencia de xénero
Xuntanza para a creacion da Mesa Interinstitucional de Violencia de Xenero en Camarinas

O pasado venres día 19 de abril tivo lugar no salón de plenos do Concello de Camariñas a posta en marcha da Mesa Interinstitucional do concello de Camariñas en materia de violencia de xénero, como órgano articulado para favorecer a consolidación do itinerario de coordinación e cooperación interinstitucional. Aí é nada.

Unhas das funcións que terá esta mesa é a de coñecer e analizar a realidade das distintas formas de violencia de xénero no concello. Pero ademais, tratará de analizar os recursos existentes e valorar a necesidade de novos recursos adaptados a mulleres e menores; realizar propostas de actuacións co fin de melloras condicións de vida das vítimas; e propoñer melloras e actualizacións dos mecanismos de coordinación e intervención nos casos de violencia de xénero no municipio, entre outras.

Á convocatoria da mesa asistiu a Subdelegada do Goberno en Materia de Violencia de Xénero María Garaboa Vilariño, a cal valorou positivamente o bo traballo que se está a realizar dende os servizos sociais do noso Concello, así como da boa colaboración que existe coas demais institucións participantes, garda civil, policía local, policía autonómica.

Ademais da subdelegada asistiron o Sarxento da Garda Civil de Camariñas, dous representantes da Policía Autonómica, un representante da Policía Local de Camariñas, as profesionais dos Servizos Sociais e da Área de Igualdade e a Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, Mº del Carmen Linares Chica, responsable da concellería impulsora de esta iniciativa.

O remate desta mesa tivo lugar tamén a celebración da Mesa Técnica en materia de violencia de xénero, que ten unhas funcións más específicas de traballo e de tratamento de casos que se dan no concello.

Segundo sinala a Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde de Camariñas, Mª del Carmen Linares Chica, "este é un proxecto moi ambicioso e necesario, pois permitirá traballar de maneira áxil e coordinada, nun dispositivo de atención a vítimas de violencia de xénero é fundamental para a nosa cidadanía".

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios