Camariñas namora aos seus comercios polo Entroido


Curiosa a Campaña "Namorate en Entroido" que arma a rede de comercio de Camariñas. Unha campaña de dinamización do tecido empresarial camariñá, que se desenvolverá na previa das festas, do 1 ao 14 de febreiro. Un xeito de impulsar o consumo local e desenvolver actividades de promoción conxunta entre os comercios que desexen adherirse á rede de Camariñas.
O comité organizador está composto polos comercios LadyXul, O escaparate e Kerubín de Camariñas, que se encargan das tarefas de organización e desenvolvemento da campaña, na cal as tendas participantes luciran un corazón no seu establecemento.
Así, dende o 1 de febreiro ata o 14, nos establecementos participantes a clientela recibirá polas súas compras unhas papeletas de rifas na que o premiado/a poderá degustar unha cea para dous persoas nun restaurante de Camariñas.
Xa o 14 de febreiro a clientela que merque nos comercios participantes recibiran un pequeño agasallo coa súa compra.
Ademais, paralelamente e a través das redes sociais, no perfil de facebook Merca en Camariñas poden participar as persoas que o desexen subindo mensaxes, imaxes e videos para os seus namorados ou namoradas. No muro deste perfil da rede expoñerase todas as mensaxes de amor que sexan respectuosos e aos dous mensaxes que máis “me gusta” obteñan, recibirán unha bolsa de agasallo o mar todo rechea de unha camiseta, unha publicación sobre Camariñas e un lote das exquisitas conservas Cerdeirmar de Camariñas.
Os comercios participantes son: Artesanía en postre Silvina Muñoz, Comercial Dieguez Camariñas, Comercial Dieguez Ponte do Porto, Complementos Anxeles, Chuchelandy, Diego Alonso Fotógrafo, Expert Ameal, Juana'sport, Kbelos Peluquería, Kerubín, Ladyxull, OEscaparate, Pastelería Perla, Tanzana Chano e Xoiería A Caramiña.
Novas relacionadas
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Camariñas defende a súa promoción virtual do mar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).