Domingo. 01.11.2020
El tiempo

Camariñas ofrece dous cursos forestais gratuítos de xeito telemático

Camariñas ofrece dous cursos forestais gratuítos de xeito telemático

Os vindeiros 14 e 15 de outubro dan comezou dous cursos online sobre actividades relacionadas co noso medio forestal, ofrecidas de xeito gratuito polo Concello de Camariñas. Abertas a toda a veciñanza da comarca (os interesados ou interesadas poderán anotarse antes do comezo de cada curso a través do seguinte formulario online) son unha boa ocasión para aprender novos xeitos de sacar partido dos nosos montes.

O curso sobre “Aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais” emitirase en directo os luns, mércores e venres do 14 ó 28 de outubro. Nesta acción formativa verase, entre outras cousas, como obter as referencias catastrais das nosas parcelas, que visores nos permiten coñecer o seu estado respecto á normativa vixente, ou que aplicacións móbiles nos facilitan a localización e a planificación para unha boa xestión.

Por outra banda, o curso sobre “Valorización de subprodutos forestais” celebrarase os martes e xoves do 15 de outubro ao 3 novembro. Nesta acción formativa veremos, entre outras cousas, distintos aproveitamentos forestais alternativos ou complementarios ós madeireiros, compatibles coa lexislación vixente, ou ferramentas que engaden valor as producións forestais.

Máis información chamando á Casa de Pedra no teléfono 981 73 70 04 preguntando por Daniel.

Novas relacionadas

comentarios