Xoves. 11.08.2022
El tiempo

Camariñas, a Ponte do Porto e Camelle arrincan os seus campamentos de verán

Campamento Náutico Camarinas
A alcaldesa visitando un dos campamentos náuticos
Camariñas, a Ponte do Porto e Camelle arrincan os seus campamentos de verán

Por primeira vez son en tres as sedes dos campamentos de verán de Camariñas. A capital municipal, a Ponte do Porto e Camelle acollen unha marea de actividades para permitir a conciliación dunhas 150 familias.

Este luns arrincaron as actividades. Entre as actividades acuáticas e o obradoiro de tempo libre hai 103 inscritos en Camariñas, 31 na Ponte do Porto e 32 en Camelle. Programáronse catro quendas: do 4 ao 15 de xullo, do 19 ao 2 de agosto, do 3 ao 17 de agosto e do 18 ao 31 de agosto.
 

comentarios