Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Camariñas postúlase como o ‘paraíso’ da ruta alternativa do Camiño da Resurrección

Camarinas camino da Resurreccion 3
Camariñas postúlase como o ‘paraíso’ da ruta alternativa do Camiño da Resurrección

Camariñas xa coñece de primeira man a historia que o pode colocar no Camiño de Santiago. Sebastián Vázquez presentaba o seu libro ‘El Camino de Santiago y el Juego de la Oca’, de Sebastián Vázquez, que se basea nunha ruta alternativa do chamado Camiño da Resurrección. Unha ruta chegaría desde Santiago ata “o paraíso”, que sería Camariñas, despois de pasar por Cereixo e Muxía.

A presentación do libro, que tivo lugar no Museo do Encaixe, e á que acodiron tamén as alcaldesas de Camariñas e Vimianzo, é a primeira etapa que percorre Camariñas para facerse co seu fin do camiño.

Camarinas camino da Resurreccion

Na súa intervención Sebastián Vázquez argumentou de xeito esquemático a teoría que expón no libro xunto coas claves que fan pensar que a ermita da Virxe do Monte é a fin do Camiño da Resurreción e incidiu en que “todo el Camino está construido en base a leyendas y mitos, que siguen vivos y creo que hay argumentación para decir que estamos en el paraíso”.

“Damos o primeiro paso dun camiño que consideramos que pode ser moi ilusionante para Camariñas e que supón unha importante aposta por parte do goberno local a curto, medio e longo prazo”, destacou Sandra Insua antes de recalcar que “o noso obxectivo non é ser fin do Camiño, só queremos ver a posibilidade de destacarnos como un destino especial dentro deste itinerario que permitirá ao peregrino chegar ao ‘paraíso’, que sería Camariñas, e completar así a súa experiencia vital, a base do Camiño”.

”Cremos firmemente nesta teoría e queremos apoiala en todos los sentidos e a todos os niveis. O noso obxectivo é, pouco a pouco, darlle forma, difundila e poder presentarlle ao peregrino unha alternativa espiritual e cultural no seu itinerario con Camariñas como última etapa”, explicaba Insua.

Pola súa parte, Mónica Rodríguez salientou a experiencia que vivirá o peregrino ao seu paso por Vimianzo “onde atopará a Traslatio de Cereixo, un episodio moi importante para o noso municipio e para Galicia porque ademais só hai outros tres casos: unha moeda atopada no Grove e dúas representacións máis en Lérida e Navarra”.

A ruta

Para iniciar o Camiño da Resurrección, despois de saír por Santiago o peregrino pasarase por Padrón, Noia, Fisterra e chegarase a Muxía. Alí, ademais de atoparse coa traslatio de Cereixo e a igrexa de San Julián de Moraime, baixará ata o santuario da Barca onde se atopa a pedra de abalar.

Conta Sebastián Vázquez no libro que “xusto nese lugar produciuse o encontro entre Santiago e María e, segundo a lenda, ela viña xusto de enfronte, onde se levanta a ermida da Virxe do Monte en Camariñas, proba diso son as pegadas dos seus pés que se conservan nunha pedra fronte á ermida. Por mar son apenas catro quilómetros os que separan ambos puntos. Xa que logo o peregrino regresará sobre os seus pasos e chegará a Camariñas para acceder, por fin, ao Xardín da Oca”.

Novas relacionadas

Comentarios