Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camariñas tamén pon en marcha a súa aula CeMit de formación en novas tecnoloxías

Camariñas tamén pon en marcha a súa aula CeMit de formación en novas tecnoloxías
Cursos da Aula CeMit de Camarinas

Se por Fisterra xa leva dous anos en marcha, durante os meses de maio e xuño o Concello de Camariñas pon en marcha a aula de formación da rede CeMIT da Xunta de Galicia . Así, organizarán varios cursos de informática básicos no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde).

O primeiro curso será de iniciación a informática e realizarase o 2, 3 e 6 de maio de 17:00 a 19:00.
As prazas para os cursos son limitadas polo que é necesario preinscribirse ata 2 días antes do inicio de cada curso. A preinscrición e máis información farase na aula de informática do Centro de Iniciativas de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 de luns a venres, ou no teléfono 981 73 65 06, ou no email [email protected].

Ademais deste cursos tódolos días, de luns a venres, na aula de informática teñen o servizo de aula aberta na que poderás dispor dun ordenador con conexión a internet, o asesoramento dun axente TIC e participar na teleformación da rede CeMIT.

Ata finais de xuño os cursos que impartiremos son básicos e dirixidos a aquelas persoas que queiran aprender a andar cun ordenador de forma segura e a manexar o correo electrónico, os procesadores de texto e as redes sociais (facebook, tuenti,…)

Nos vindeiros meses impartiranse cursos máis avanzados, algúns dirixidos a autónomos e pequenas empresas e outros a público en xeral, polo que convidan aos futuros interesados a que pasen pola aula de informática para consultar que cursos se darán e incluso a propoñer algún en concreto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios