Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camelle, a cría de lobo mariño, progresa favorablemente

Camelle, a cría de lobo mariño, progresa favorablemente
Camelle recupérase das suas feridas no centro do CEMMA en Nigrán Camelle recupérase das suas feridas no centro do CEMMA en Nigrán A cría de lobo mariño cincento que apareceu o pasado domingo en Camelle estáse a recuperar no centro de recuperación de fauna silvestre da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Maríños CEMMA. "Camelle - que así foi bautizado o animal - ainda segue nunha situación moi crítica, cunha afección dixestiva e pulmonar leve, mais coas súas feridiñas aínda abertas e co seu olliño grolo", aseguraban onte membros que participan na recuperación do animal. Precisamente onte, Camelle comeu por sí mesmo os seus primeiros peixes o cal é un paso moi importante dentro da súa fase de rehabilitación. Segundo informan dende CEMMA, as chegadas destes destes animais á costa non son estrañas. De feito, actualmente é a época de varamentos. Así, entre os pasados meses de novembro foron localizados outros cinco exemplares, dous deles, mortos ao longo das costas galegas.

Máis novas sobre animais acuáticos

Fonte

Comentarios