luns. 19.05.2025
El tiempo

Camelle prepara a emocionante Arribada dos Náufragos do City of Agra

Rescate Camelle City of Agra 2024
Imaxe do simbólico rescate e Arribada do City of Agra
Camelle prepara a emocionante Arribada dos Náufragos do City of Agra

Camelle e Arou van prendendo as candelas para aa nova edición da conmemoración do afundimento do City of Agra, o evento arredor dun naufraxio máis importante de Galicia. A Asociación Naufraxios Galegos e o Concello de Camariñas, en colaboración coas entidades locais A Folja da Faneca, Mardevalado e a Confraría, teñen armado xa un completo programa para lembrar os 128 daquel suceso que conmocionou unha vila, e deixou patente a humanidade do pobo camellán.

A cita desenvolverase o venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo deste 2025, nas dúas vilas camariñás. O evento seguirá tendo como momento máis singular e emotivo, a representacións a Recreación do Salvamento e Arribada dos náufragos ao porto de Camelle, na noite sabatina, un acto que cada ano van collendo máis soltura e dinamismo, e que esta edición conta con novas sorpresas, ademais da ambientació musical de Krece, banda moi unida a este evento.

Ademais, hai outras novidades nun programa que continúa a mesma liña que edicións anteriores: a Feira Mariñeira abrirá ás 17:00 do venres 11 de xullo, evitando esa mañá de pouco movememento para os artesáns. A día de hoxe xa hai confirmada a presenza de 24 artesáns.

O programa refórzase con novas actuacións teatralizadas, como o Roteiro Animado dos Náufragos do Agra, da mañá do sábado. Esa mesma mañá terá lugar o concerto que viña sendo pola noite, pero que se adianta á sesión vermú, e que terá como protagonista á banda Adhara & Ritman.

Máis novas

Comentarios