Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camelle segue a recuperarse no centro do CEMMA en Nigrán

Camelle segue a recuperarse no centro do CEMMA en Nigrán
Camelle segue a recuperarse no centro do CEMMA de Nigran Camelle sufriu graves lesións das que se recupera favorablemente no centro de recuperación do CEMMA Enorme é o traballo que realizan os membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Maríños CEMMA. Onte informaban na súa páxina de Facebook de que Camelle,  a cría de lobo mariño cincento que apareceu no mes de febreiro en Camelle, estase a recuperar de xeito favorable das súas graves feridas. Cautos coa información falicitada, non dubidan en agradecer á cantidade de apoios que están a recibir tantopor parte do equipo veterinario, o da UCI e de persoas anónimas - como os membros dun supermercado de Nigrán - que todos os días se encargan da dieta de Camelle. Precismante onte o seu menú foi xarda, xurelo e, de postre, sardiña. Esperamos ansiosos ver pronto a liberación deste pequeno lobo mariño.

Máis novas sobre animais acuáticos

Fonte

Comentarios