Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cee e Muros navegan da man de COGAMI

Cee e Muros navegan da man de COGAMI
Continúan dende COGAMI traballando a prol da navegación para persoas con discapacidade. A pasada fin de semana tiveron unha cita con xente de Cee, e a comezos desta van tela con muradáns. I é que dentro do Proxecto Galicia Vela Adaptada (GAVEA), COGAMI desprazouse a pasada fin de semana ata Camariñas coa embarcación Laión, cunha tripulación formada por persoas voluntarias. O obxectivo era que dous grupos de usuarios da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) de Cee embarcaran para vivir a experiencia da navegación. Por outra banda, e xa nos comezos desta semana, van ser os usuarios de ADISBISMUR (Asociación de persoas con discapacidade da bisbarra de Muros) os que poidan gozar da navegación. Hoxe luns, 8 de agosto, un grupo formado por 4 persoas con discapacidade xunto con dous monitores, van embarcar no peirao do porto deportivo de Camariñas para navegar rumbo a Muros. A saída vai ser ás 11:00h e calcúlase que sobre as 19:00h arriben en Muros. Mañá martes, día 9 de agosto, van ser outros dous grupos de ADISBISMUR os que van poder navegar, desta vez dentro da ría muradá. Un dos grupos vai saír dende o peirao do porto deportivo de Muros sobre as 11:00h e o outro grupo sairá ás 16:00h. Os dous grupos estarán formados por 6 usuarios do centro de recursos de Valadares e mais 2 monitores que os van a acompañar durante a travesía. O Proxecto GAVEA naceu no ano 2002 co propósito de fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades náuticas e deportivas derribando as barreiras existentes, xa que no medio mariño non está moi espallada unha oferta de mecer e tempo libre adaptada. Trátase dunha aposta más de COGAMI pola inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, ao mesmo tempo que se fai máis visible o colectivo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMI.

Comentarios