Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Comezan os traballos de pavimentación e ampliación do camiño da Grela, en Xaviña

Camino A Grela-Xaviña
Comezan os traballos de pavimentación e ampliación do camiño da Grela, en Xaviña

O Concello de Camariñas levou a cabo hoxe a acta de replanteo que suporá o inicio dos traballos de pavimentación e ampliación do camiño da Grela (Tras do Río), en Xaviña, unha actuación que conta cun orzamento de 37.578 euros e que está financiada a través do Agader.

Os traballos a levar a cabo consisten na roza da maleza e a limpeza das marxes do camiño para posteriormente ampliar o seu ancho mediante a canalización da cuneta na marxe dereita, instalando unha rede de tubaxes
provista de sumidoiros para a recollida de pluviais. Ademais, colocarase unha franxa prefabricada de formigón ao longo da vía para uso dos peóns.
Posteriormente, pavimentarase o firme e pintarase a sinalización viaria e un paso de peóns.

Comentarios