Venres. 19.04.2024
El tiempo

A comunidade escolar de Camariñas tamén tira da sociedade cun berro a favor do medio ambiente

Loita escolar contra a Emerxencia Climatica no Pacifico
Loita das comunidades escolares chega a todas partes do planeta
A comunidade escolar de Camariñas tamén tira da sociedade cun berro a favor do medio ambiente

Como fan aos escolares de Corcubión, a comunidade educativa súmase á reivindicación mundial deste venres a favor do medio ambiente. Os #FridayforFuture están chegando tamén á Costa da Morte, onde de feito, xa hai creado un grupo de comprometidos #TeachersforFuture.

Da man da comprometida Asociación Mar de Fábula, e coa colaboración do Concello, toda a comunidade escolar do IES Pedra da Aguia, o CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto e a Escola Unitaria de Camelle, unirase este venres 27 de setembro nun berro de emerxencia, un berro para chamar a atención sobre o cambio climático.

Serán 468 rapaces e rapazas desde os 3 aos 16 anos os se unirán ás protestas de todo o mundo para demandar ás institucións internacionais a declaración do estado de emerxencia climática no planeta.

Primeiramente, acudirán á praia de Arou para levar a cabo unha recollida de lixo plástico como acto simbólico na defensa do mar. Logo, trasladaranse a pé ata a praia de Camelle para alí facer con figuras humanas unha proclama na que se poderá ler a mensaxe: “Mar Limpo – Planeta Limpo – Xa!”

Novas relacionadas

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios