Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Concello de Camariñas esixe á Xunta que mellore o sinal TDT no lugar de Santa Mariña

O Concello de Camariñas esixe á Xunta que mellore o sinal TDT no lugar de Santa Mariña

Seguimos a volta cos problemas de infraestrururas da comunicación na comarca. Outro caso de esquecemento é o de Santa Mariña, na parroquia de Xaviña, en Camariñas., ata o punto de que a alcaldesa Sandra insua vén de enviar un escrito a Oficina Técnica da TDT de Galicia, organismo dependente da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, no que amosa o seu malestar despois da situación vivida durante a pasada fin de semana, na que os veciños estiveron sen sinal.

“O pasado xoves 22 de outubro, os domicilios, deixaron de recibir o sinal da TDT. Avisada Retegal, o venres seguinte pola mañá quedou arranxado o problema. Pola tarde dese venres, o mesmo lugar quedou de novo sin sinal. Postos de novo en contacto co Retegal, informóusenos que durante a fin de semana non se procedían a reparacións na rede de TDT e que, en todo caso, as reparacións tiñan un prazo de 48 horas, polo que ata este luns non quedou solucionada a avaría. Deste xeito, a veciñanza quedou sen sinal desde o venres 23 ata o luns 26 de outubro”, explicou a rexedora.

Ademais, no escrito aprovéitase para informar do mal estado do repetidor de Santa Mariña que se atopa “en condicións moi deficientes, tanto que nalgunhas ocasións tense cuberto con lonas de plástico para evitar a entrada de auga no mesmo. Ademais, é moi probable que a localización do repetidor non sexa a máis axeitada, polo que os problemas de recepción son habituais”.

Comentarios