Luns. 07.10.2024
El tiempo

Contando “o meu Prestige”

Preparando a exposicion no Museo de Man dunha Gran Burla Negra
Preparando a exposición no Museo de Man dunha Gran Burla Negra
Contando “o meu Prestige”

Estes días, a comisaria María Bella atópase preparando no Museo de Man de Camelle a exposición do proxecto ‘Un Nunca Máis contado polas fillas de Manfred’. Unha exposición que se inaugurará este venres 26 de xullo ás 21:00h no museo camariñán, e que estará aberta ata 29 de setembro.

Pero hoxe queremos centrarnos na outra pata do proxecto: as asembleas da memoria. Esas citas que nos servirán para compartir lembrazas para aqueles meses de cores negras, pero tamén brancas, tamén multicolores.

O propio venres 26, ás 18:00h (a segunda cita será o venres 23 de agosto ás 18 horas), o Museo Man convertirase nun ágora do Prestige, nun espazo para que os protagonistas daqueles tempos conten a súa visión, conten “O seu Prestige”. Membros da confrarías, representantes políticos, coordinadores de espazos de convivencia, veciños… Todos poderán compartir a súa experiencia vital arredor deste dramátrico suceso.

Algúns dos que previsiblemente estarán nas asembleas e que teñen compartido con Bella como viviu aqueles días, explicannos como foi o comezo de todo. ”Ás 11:30, estando en Santiago, escoito na radio o tema dos problemas do barco á altura de Muxía. Chamei á unha Parlamentaria do PSOE, encargada de temas de pesca, porque eu xa estaba sensibilizado co Mar Egeo e o Urquiola… Cando chego a Santa Mariña atopei un cadro de dolor, porque estabamos cerca das navidades e todos os do porto tiñan o mariño gardado en viveiros, e lle morrera todo. Estaba no bar de Armildo, baixamos ata o porto e o olor era inequívoco de que algo moi potente estaba no mar, ou sexa, o derrame, porque non se vía nin barco nin nada, pero o olor era impresionante. E as irisacións tampouco se vían moi ben, porque para ver a irisación fai falta unha refracción da luz e ese era un día gris… pero o olor era inconfundible… Morrera o marisco de todos os viveiros e aínda que non se vía o chapapote sobre o mar, estaba xa afectado, afectadísimo. Temos a contaminación enriba, pensei”.

”Nese momento comézase a organizar un momento dende o sector, dende sector produtivo, principalmente dende os mexilloeiros de Arousa, que ata pensan en afundir as bateas para que pase o chapapote por encima. Pero é que non tiñamos información, non sabíamos o que pasaba porque pasa todo por mans de administrativos ou de burócratas ou de políticos e nos van dar a información que eles consideran máis oportuna e nós necesitabamos unha transparencia que non había, porque se estaba negando que houbera marea negra”.

”A Carnota chegou o chapapote o mesmo día que fun a Santiago, á manifesta da dignidade o 1 de decembro. Coinidira coa chegada de Mariano Rajoy a falar cas confrarías para calmar os ánimos, a dicir que non se preocuparan, que ía haber pasta e que non ía haber ningún problema para que os mariñeiros puideran cobrar puntualmente mentres non houbera actividade. Foi unha auténtica contraprogramación da Xunta para desmobilizar ao sector pesqueiro, para que non fora a manifestación.

Acórdame o primeiro día cando vin o mar que estaba completamente… era como... esa zona do mar era toda unha masa que chegaba ao fondo, tirabas unha pedra e non se afundía. Esto non se quita aquí na vida, pensabamos. A situación que se vivia entre os mariñeiros era que se acabou. Acuérdome da situación era casi depresiva. A xente facíase as suas cábalas. Teño 50 e pico tacos, agora que carallo imos facer se timos este mar asi como o temos. É imposible de recuperar porque por moito que queramos non hai maneira... e de aquela non había ningún tipo de material... Ao principio a única maneira de limpar era coas mans como quen intenta vaciar o mar coa cuncha dun mexillón. A xente vio que era o fin, de entrada o fin, e logo co paso do tempo, organizouse poco a poco. E dende Muxía comezaron a mobilizar o tema polas universidades. Haí cambiou todo de cor..

Nunca mais nel museo man copia

Novas relacionadas

NOVAS DO PRESTIGE

OS VOLUNTARIOS QUE CAMBIARON A COSTA

SEGUEMENTO DO XUÍZO DO PRESTIGE

Comentarios